A fundación Martínez Otero organiza dous cursos infantiles

Betti Vázquez lalín

A ESTRADA

En dos minutos | Dous novos talleres de verán para nenos na Estrada A?finalidade?é?que? os?cativo?desenrolen no?futuro?un espírito?crítico á hora de consumir

19 jul 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O grupo empresarial estradense María Martínez Otero promove, a través da súa fundación e en colaboración co Concello de A Estrada, dous cursos de verán dirixidos ós nenos co obxectivo de que os pequenos se cuestionen a utilidade de cada moble que os rodea, desenrolando deste xeito un espírito crítico para que sexan nun futuro consumidores responsables. Dende un punto de vista lúdico e adaptándose á capacidade de análise das diferentes idades, nos dous cursos abordaranse a reciclaxe dos mobles, os materiais ecolóxicos, ou propiedades coma a resistencia. Estes coñecementos teóricos levaranse á práctica mediante a fabricación de mobles de espuma ou de cartón. O primeiro dos talleres, «¿Cómo somos y que muebles necesitamos?», está pensado para que os nenos reflexionen sobre as súas características físicas e as necesidades cotiás, para que entendan así as limitacións daquelas persoas que se desprazan en silla de rodas ou daquelas que son moi altas ou moi baixas. En «¿Cómo se inventan los muebles?» , o segundo dos cursos, os cativos aprenderán que materiais se deben usar para inventar os prototipos, e tamén aqueles que son máis económicos e que se poden reciclar. Os nenos asumirán logo o rol de deseñadores e tratarán de achegar solucións para os problemas que xurdan na construcción dos seus mobles de espuma e de cartón.