Catro equipos do Camballón, no Odisea de cultura clásica

amelia ferreiroa LALÍN / LA VOZ

VILA DE CRUCES

O IES Marco de O Camballón impulsa a participación do alumnado en actividades diversas.
O IES Marco de O Camballón impulsa a participación do alumnado en actividades diversas. rober amado< / span>

No concurso da Sociedad Española de Estudios Clásicos participan 299 centros educativos de distintos puntos do país

27 ene 2015 . Actualizado a las 02:00 h.

O concurso online de cultura clásica Odisea, que no ano 2006 puxo en marcha a Sociedad Española de Estudios Clásicos Galicia; a sección galega da entidade, xa está novamente en marcha. Unha edición que se prantexa, a todas luces, como a máis numerosa respecto do volume de seccións implicadas con participación das seccións da sociedade de Galicia, Valencia-Castellón e Alacante, Aragón, Valladolid, Rioja, Extremadura, Cádiz, Córdoba, Granada, Málaga e Sevilla e a Asociación del Profesorado de Lenguas Clásicas de Cataluña (Aplec). Son 3.556 alumnos os que toman parte neste concurso que se distribúen en 1.401 equipos pertencentes a 299 centros entre os que está o IES cruceño.

Un Concurso Odisea 2015, que arrancou oficialmente na xornada de onte, e no que toman parte catro equipos do IES Marco do Camballón de Vila de Cruces. Así Ollo de Sauron, Calipso, Basilisco e Ilussia; as catro agrupacións cruceñas, teñen que responder ata o 29 de xaneiro ás preguntas que se van publicando a cotío na páxina web do concurso. Este certame, que se abre a todos pero que vai dirixido fundamentalmente aos alumnos de Cultura Clásica, Latín e Grego, só busca -segundo a Sociedad Española de Estudios Clásicos- sacar a cultura clásica das aulas alomenos por uns días. As preguntas que se formulan no concurso cínguense ao currículo do latín, grego, e cultura clásica que se imparte nos centros educativos e este ano o tema escollido é «O amor en Grecia e Roma». A final entre os vencedores das distintas fases autonómicas se fará o 11 de febreiro.