O IES Colmeiro une proxeccións sobre a astronomía á visita ao observatorio de Forcarei

La Voz LALÍN/LA VOZ.

DEZA

04 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O instituto Pintor Colmeiro de Silleda organiza con motivo da Xornada pola Ciencia en Galego ademais da visita ao observatorio astronómico de Forcarei e ao mosteiro de Aciveiro, actividades no centro educativo. Así, proxectarán Historias de Galicia sobre Ramón María Aller no recreo, así como podrán aproximarse as estrelas e o ceo a tráves do Stellarium.

Antes, de 10.30 a 11.30 horas, os alumnos dos grupos de ciencias de primeiro e segundo de bachillerato participarán nunha videoconferencia sobre «Do Cern a Santiago de Compostela coa física de partículas». A Forcarei ao observatorio irán os alumnos de 3º de ESO.