«O primeiro é poñer ao alumno no centro do proxecto: esa é a clave»

La Voz

DEZA

28 feb 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Avalada por ter sido co bipartito a conselleira de Educación, a catedrática de Xenética cre que o principal é poñer ao estudante no centro do proxecto universitario.

1. Non falaría de carencias, senón de retos para a Universidade. Destacaría a creación dunha estratexia de Universidade de progreso en cinco ámbitos: cultura, formación, investigación e desenvolvemento, cambio de estructuras económicas e mellora da cohesión social. A clave son as persoas: técnicos, PAS, PDI e alumnos. No caso dos estudantes, é necesario apostar por unha mellor calidade na formación, unha maior taxa de inserción laboral e que os egresados teñan un nivel de formación integral de excelencia e con prestixio. Tamén hai que mellorar a mobilidade da comunidade universitaria nas dúas direccións: os que saen e os que veñen. Un dos maiores retos é a configuración dunha oferta de posgrao máis profesionalizante.

2. O primeiro é poñer ao alumno no centro do proxecto, esa é a clave. Un profesor investiga e exerce docencia, pero para transmitir con paixón os seus coñecementos precisa dos receptores, que son os alumnos, é algo que non se pode separar.

3. O 2010 ten que ser o ano da contención, cooperación e eficiencia con disciplina e responsabilidade. Temos a obriga de facer un balance a curto prazo e unha vez superada a crise, comezar a ter perspectivas de financiación a longo prazo, co horizonte do 2015. Ten que haber o compromiso de modernización universitaria e da Administración.