Viva a gaita galega

La Voz

DEZA

28 feb 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Comecei a tocar a gaita os doce anos pero ata 1989 non me decidín a lanzarme á aventura tan bonita como é o folclore da gaita tradicional, e podo presumir de seguir conservando esta gran tradición porque hoxe en día polo que estou vendo hai listiños que queren enseñar aos alumnos por solfeo e eso, para o son da gaita, é unha trilladeira. Porque hai moitos musiquiños de esta historia e o gaiteiro nace co son do folclore e o músico faise a través do solfeo, pero está claro que o músico do solfeo nunca sería gaiteiro do folclore e este é un desprezo que se lle fai a nosa gaita galega, que é a nai da nosa terra.

Tamén son moitas as bandas de gaitas pola nosa querida Galicia. Por citar unha, a da Deputación de Ourense, do señor Foxo. Eso foi un ataque frontal á gaita tradicional, porque a estética e a vestimenta é totalmente escocesa. E agora falando do traxe e a gaita tradicional, pola foto que me acompaña sabese que as miñas gaitas son totalmente tradicionales, e todas elas de «re» e de «do», cos catro correspondentes ronco, punteiro, ronqueta e ronquilla, pero para eso hai que ter un pulmón como un compresor e eso é o que ten Aurelio e os seus alumnos.

Eu recomendarialle a todos os que tocan que non pechen as palletas porque con palletas pechadas en vez de o son dunha gaita reproducese o son dun subiote e unha gaita, nunha taberna ou nunha carballeira, con moito son e un bo tamborileiro soa Galicia no mundo enteiro. Viva a gaita galega que é a nai da nosa terra. Aurelio Fernández Villaverde, director do grupo de gaitas Carqueixas e os seus acordeóns