A vixésima terceira edición do festival celebrarase o 4 de xullo na que actuará como convidado o grupo Astoraqui
Todos os anos, máis ou menos por estas datas, a agrupación Xirandola agasalla aos seus seguidores cun amplo festival no que amosa o que mellor sabe facer: bailar. A agrupación xa fixou data para ese novo encontro co público. Será o vindeiro 4 de xullo, sábado, a partires das 19.30 horas na Praza da Feira de Bandeira. Festival que alcanzará a súa vixésima terceira edición, e que contará coa presenza do grupo Astoraqui de Coín (Málaga) -que será a formación convidada para a ocasión-. Trátase, segundo explicou Javier Blanco -un dos integrantes de Xirandola-, dun dos mellores grupos de baile rexional. «É unha das agrupacións de máis categoría de España. Astoraqui presenta unha mesturanza de sevillanas con zapateado. Tivemos a oportunidade de velos actuar nun par de ocasiones, e son francamente moi espectaculares». Á marxe do grupo de Ciudad Real, sobre o escenario estarán todos os grupos cos que conta actualmente a escola de Xirandola. «Son tres grupos ainda que o dos cativos se subdivide en dous: os pequenos de primeiro ano e os que xa levan un par de anos na escola. Está despois o grupo dos que teñen até 8 anos; de 9 a 15 e logo os que xa deron o salto á formación dos maiores e xa están bailando con nós».
O guión das actuacións está perfilándose pero todo apunta a que non será un ano de moitas novidades. «Os rapaces foron medrando e xa os temos examinándose de oposicións ou con exames na universidade polo que, en principio, non imos estrear ningún baile. Ben é certo que temos unha muiñeira recollida en Limiñoa e A Carballesa -unha peza moi pouco vista que nos deu o premio en Vigo- que cabe a posibilidade que interpretemos o vindeiro sábado».
O que sí tamén tén Xirandola é un novo proxecto de vestiario, no que se está traballando ao igual que nas vindeiras saídas do grupo. «Despois do festival do sábado en Bandeira continuaremos cos ensaios e coas vistas postas en vindeiras actuacións. De momento está pechada a data do 18 de xullo en que estaremos en Socuéllamos, en Ciudad Real, e creo que está prevista para o 7 de agosto a celebración do Festival de Baile Tradicional en Vigo ao que contamos acudir». Antes de todo iso, ás portas está a actuación en Bandeira á que coma todos os anos se agarda unha gran afluencia de público do municipio e de zonas limítrofes.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios