A xunta de goberno do Concello de Vila de Cruces decidiu adxudicar á empresa Luis Taboada Construcións as obras de execución da aula da natureza e o refuxio de pesca, situado en Ollares. O Concello destinará a estes traballos un total de 128.582,46 euros.
A obra fora sacada a concurso no pasado mes de setembro por un total de 128.52,46 euros. O Concello incluía no orzamento deste ano estes traballos. Xa no pleno celebrado a pasada semana, o alcalde, Jesús Otero , indicaba que un muíño de importante valor arquitectónico sería ligado a esta aula da natureza logo dunha cesión realizada pola empresa encargada de xestionar o encoro situado nesta parroquia, Patrimonio Hidroeléctrico de Galicia. O muíño xa está incluído nalgunhas das guías turísticas da comarca de factura recente.
Os traballos de construción da aula da natureza serán financiados nesta anualidade en base aos convenios que o Concello asinou coas dúas firmas que xestionan as dúas novas presas, Patrimonio Hidroeléctrico de Galicia e Unión Fenosa. A cantidade restante, que corresponderá ao ano 2009 e que ascende a máis de 66.000 euros, será con cargo aos recursos propios do Concello.
O alcalde, Jesús Otero , xa avanzaba hai uns días que as obras de construción desta infraestrutura darían comezo de xeito inminente. Entón explicara que, entre outros servizos, o obxectivo é que conte cunha zona que sirva de merendero.
En breve os contactos recibirán en o seu correo electrónico un enlace á noticia
Grazas por usar os nosos servizos
Revise os seus datos e volva intentalo
Se se volve a producir un erro, é posible que o servizo está momentaneamente non dispoñible. Inténteo máis tarde.
Desculpe as molestias. Grazas por usar os nosos servizos