A Consellería de Medio Rural enviou na tarde de onte a varios axentes coa misión de percorrer o Sobreiral do Arnego tanto a parte que se atopa no Concello de Agolada como as desa zona protexida que pertencen aos municipios de Lalín ou Vila de Cruces. O seu obxectivo será elaborar un informe que determine se se produciron algunhas actuacións relacionadas coa extracción das cortizas das sobreiras que puidese danar a estas árbores, tal e como denunciaba a asociación ecoloxista Naturviva, de Agolada.
Desde Medio Rural apúntase que a empresa estremeña á que aludía Naturviva tiña permiso para levar a cabo estas tarefas de aproveitamento forestal durante os meses de xullo e agosto, que o permiso expiraba o 31 de agosto pero que a empresa solicitara unha prórroga. Unha petición que por parte da administración aínda non se resolveu.
Desde a consellería indícase que non se existe unha lexislación especifica para este tipo de actuacións e o que se fai nestes caso é aplicar un protocolo interno que regula a práctica deste tipo de aproveitamentos forestais como é este caso.
En breve os contactos recibirán en o seu correo electrónico un enlace á noticia
Grazas por usar os nosos servizos
Revise os seus datos e volva intentalo
Se se volve a producir un erro, é posible que o servizo está momentaneamente non dispoñible. Inténteo máis tarde.
Desculpe as molestias. Grazas por usar os nosos servizos