Javier Nart fala hoxe sobre o desaxuste estratéxico mundial no auditorio cruceño

la voz | lalín

DEZA

07 nov 2006 . Actualizado a las 06:00 h.

? xornalista e avogado Javier Nart falará esta tarde a partir das 20.30 horas no auditorio de Vila de Cruces sobre o desaxuste estratéxico mundial. Será a partir das 20.30 horas e a entrada a conferencia é gratuita. Nart é coñecido polas súa presenza en varios conflictos bélicos e a súa participación en tertulias e debates televisivos e radiofónicos, ademais de colaboracións en xornais. A actividade desta tarde forma parte do ciclo de conferencia Periodismo Siglo XXI de Caixanova, neste caso, coa colaboración do Concello de Vila de Cruces.