Fondevila gaña o certamen de pintura «El Vino y su entorno», en Pontevedra

A. F. LALÍN

DEZA

14 jun 2006 . Actualizado a las 07:00 h.

O artista silledense José Antonio Fondevila acaba de acadar outro recoñecemento ao seu traballo artístico: o primeiro premio do segundo Certamen de Pintura El Vino y su Entorno . Un concurso ao que se presentou «a última hora», segundo recoñece o autor do cadro Dous amigos . Ao concurso, que convocou a Asociación Artística Cultural de Pontevedra en colaboración co Consello Regulador Rías Baixas, presentáronse un importante número de artistas galegos ao igual que no pasado exercicio. No caso de José Antonio Fondevila foi a súa primeira presentación que lle valeu un primeiro posto polo que recibirá un premio en metálico e unha medalla, ademáis de que a súa obra poida ser visitasa ata o trinta de xuño e dende hoxe mesmo no Pazo Mugartegui, na cidade do Lérez. Posteriormente as obras premiadas e as finalistas colgaranse na Sala de Cultura de A Guarda. O segundo premio deste certame recaeu nun traballo de José Agra e o terceiro premio foi para María Ponce Ríos. Outros premiados Maica Alonso e Ermitas Solla se levaron os dous accesits e resultaron finalistas Eugenio Cabaleiro, María Bernarda Casals, María Teresa Calvo, Mari France Cocourt, Jesús Jáuregui, Isabel Leyes, Manuel Ruano, Juan José Sánchez e Rosa Sánchez.