«Esta tempada foi moi dura por culpa dos problemas físicos»

DEZA

Entrevista | Emilio Montilla O deportista de Deza puxo punto e final ás competicións deste ano proclamándose a pasada fin de semana vencedor na proba de Oleiros. Agora xa pensa no 2006

15 sep 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O deportista dezao Emilio Montilla puxo fin a pasada fin de semana á tempada de competición, e fíxoo saíndo victorioso do Triathlón de Oleiros. É agora momento de balance, e aínda que a recta final resultou positiva, a tempada non foi todo o exitosa que o atleta de Merza esperaba. -Pois a verdade é que non podo dicir que esté plenamente satisfeito, porque marcárame uns obxectivos que non puiden cumplir a causa de problemas físicos. -As lesións non o respectaron desta volta. -Non. Tiven un problema na cadeira que me tivo durante cinco semanas totalmente parado, e claro, despois sempre tes algunhas molestias. -¿Foi un ano duro? -Sí, esta tempada foi moi dura a causa dos problemas físicos. Sempre tes molestias, algunha contractura, mesmo tendinites, pero nunca como este ano. -Aínda así, a recta final da tempada non estivo mal. -Non. Logo da lesión tiven que reorganizar a tempada, e ao final todo me resultou mellor do que pensaba. Isto fíxome ter tamén un grao de motivación alto, pero obviamente non houbo posibilidade de mellorar o rexistro que firmei o ano pasado. -É vostede o subcampión do Circuito Galego de Triathlón. -Sí, e non está nada mal, sobre todo por estar detrás dun deportista como Noya, que é un dos mellores expoñentes españois. -¿Qué obxectivos se marcou ao inicio da tempada? -O obxectivo prioritario era o Campeonato de España de Duathlón, ao que non puiden ir, e tamén o Campeonato de España de Longa Distancia, que será agora en outubro. -¿Por qué non acudirá á proba do vindeiro mes? -Porque esta proba require un adestramento específico dende meses antes, e como a miña forma non era a mellor, optei por un plan de adestramento distinto. -Entón, ¿xa está pensando na vindeira tempada? -Sí. En principio o obxectivo será tentar participar no Campeonto de España de Duathlón, porque ademáis penso que podo facer un bo papel. E despois tamén competir no circuito galego de duathlón e triathlón, e no español de triathlón de longa distancia e olímipico. -Pero polo momento toca descanso, ¿ou non? -En realidade o do descanso nisto é relativo, porque cada dous ou tres días continúo traballando de xeito suave, pero sempre fago algo. A partir de outubro comezarei a adicarme máis en serio á natación. -¿É o seu punto feble? -Sí, quizáis sí. -¿Cal é o seu forte? -A carreira a pé, aínda que este ano tamén me foi moi ben en bicicleta. De feito gracias ós tramos en bicicleta puiden remontar varias probas este ano. -¿Cómo ve o triatlón galego? -Dous galegos (Noya e Raña) son os mellores triathletas de España, e ter figuras así e poder medirte con elas nalgunhas probas é un privilexio. -¿E a nivel da rúa? -Gracias aos grandes deportistas os medios préstanlle atención a este deporte, e así a xente tamén se interesa por este mundo.