O torneo escolar e unha liguilla tómanlle o pulso aos agolenses

La Voz

DEZA

18 may 2005 . Actualizado a las 07:00 h.

O constante traballo dos pequenos futbolistas nos adestramentos plásmase dende hai dous anos na súa participación no Campionato Escolar organizado dende a Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado. Os agolenses compiten, representando ao CEIP Agolada, cos conxuntos de Prado, Bandeira, Vilatuxe e María Inmaculada de Silleda. Amáis desta competición, a Escola de Fútbol Sala de Agolada participa nunha liguilla regular organizada xunto cos equipos do colexio Sagrado Corazón de Lalín na que se enfrontan varios conxuntos das dúas entidades nas categorías benxamín e alevín.