Por Xosé Iglesias Salorio. Accionista y socio número 772 del Real Club Deportivo de La Coruña SAD
Quero lembrarme daquela frase lapidaria pronunciada polo xa, naquela hora, presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, na asemblea multitudinaria celebrada no salón de actos do colexio Salesianos, no ano 1989: «O hablan ahora, o se callan para siempre». Eu, como cofundador do Grupo de Opinión Deportivista, dinlle o meu apoio indicándolle que nin eu, nin G. de C. D. lle dábamos un cheque en branco, de tal xeito que se ao noso entender observábamos algo criticable, non repararíamos en facelo. Pasado un certo tempo cheguei ao convencemento do porqué de aquela frase, de tal xeito que segue a ter plena vixencia: Calar para sempre.
De cara ás xuntas convocadas para hoxe debo dicir a situación do lugar escollido para celebralas e as datas son as idóneas para que non vaia ninguén.
En canto ao informe de contas anuais basta con ler os puntos 5, 6, 7 e oito, onde compre destacar:
a) «La sociedad fue sometida a una inspección fiscal en ejercicios anteriores, lo que originó actas por distintos conceptos que han sido recurridas por la sociedad».
b) «El análisis de la situación indica que la satisfacción de los compromisos futuros a corto plazo, dependerá del cumplimiento por parte de la sociedad, de las líneas generales de sus presupuestos».
c) «No hemos recibido contestación a nuestra solicitud de información de los abogados con los que trabaja la sociedad y, por lo tanto, desconocemos la existencia de posibles pasivos contingentes derivados de la hipotética existencia de información relevante que debiera tener reflejo en las cuentas anuales a las que va referido este informe». Aquí diría eu, entre outros, os xudiciais.
Ademais disto, no balance non aparece o concepto de contas consolidadas (as gañanzas e perdas das empresas Iris, Clínica Deportivista, Nonito Pereira e Hijos, Deportienda, Activida. RCD Medios de Comunicación e Ediciones Deportivas Gallegas). Se ben puidera darse o caso de que o balanzo fora por ano natural, cando menos deberían estar reflexadas no tempo no que se move o balanzo da sociedade principal.
Así, conclúo que os primeiros responsables de todo o que ven acontecendo nesta SAD son os membros do consello de administración, e os segundos os accionistas, por permitir por activa e pasiva todo o que ven acontecendo ao longo dos últimos anos. Finalmente, non asistirei ás xuntas debido ao funcionamento antidemocrático do sistema de votación nas urnas imposto polo presidente, e denunciado por min publicamente sempre.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios