O Marco de Vigo repasa a relación entre vivenda e paisaxe

La Voz

CULTURA

O ciclo, que comezou a pasada semana, vai abordando a relación desde perspectivas diferentes.

16 mar 2009 . Actualizado a las 11:41 h.

Este luns continúan as conferencias e mesas redondas que o Marco de Vigo está dedicando á relación entre vivenda e paisaxe. O ciclo, que comezou a pasada semana, vai abordando a relación desde perspectivas diferentes.

Esta semana a actividade do ciclo está protagonizada por unha conferencia de Víctor Fernández Freixanes sobre Paisaxe e cultura da dispersión, seguida dunha mesa redonda na que participarán Jesús Irisarri Castro e Emilio Rodríguez Blanco, para debater algunhas das particularidades da dispersión nas maneiras de habitar en Galicia como a repercusión que este feito singular do país ten na actual situación da paisaxe.

Despois da actividade de hoxe, que comezará ás 20.00 o ciclo continuará o vindeiro xoves, 26 deste mes e mais o xoves 2 de abril.

Estas xornadas están organizadas pola Fundación Juana de Vega, e a Delegación do COAG de Vigo, e están complementadas pola exposición do mesmo título que foi inaugurada na sede do COAG en Vigo o pasado día 9 de marzo. A participación no curso é gratuíta, pero precisa dunha inscrición previa no COAG.