pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.cultura
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

ecena O teatro galego protagonizará en Madrid o Festival das Autonomías

A presenza deste ano no certame é a máis importante da historia dos profesionais dos espectáculos galaicos

Oito compañías da comunidade, dun total de catorce de toda España, representarán as súas obras en Madrid

Autor:
Camilo Franco
Fecha de publicación:

Nun Madrid de musicais e Hamlets, o teatro galego tentará abrir un oco ao longo do mes de marzo ao protagonizar con oito montaxes o Festival das Autonomías, que este ano acada a súa decimocuarta edición.

Desde os primeiros días de marzo, oito propostas entre estreadas durante este último ano polas compañías galegas terán dous días cada unha de representación no teatro do Círculo de Bellas Artes, dentro dun cartel que este ano contará, ademais, con compañías estremeñas e madrileñas.

A presenza das compañías galegas en Madrid, coa participación da Agadic, pretende ofrecer un panorama amplo do teatro profesional galego para conformar a oferta máis ampla das realizadas na capital de España desde a existencia, cando menos, do teatro profesional en Galicia.

As oito compañías que participarán no festival son, por orde de intervención, Teatro do Atlántico, con Unha primavera para Aldara; Teatro D2, con Flores migratorias; Teatro de Ningures, con Bailadela da morte ditosa; Teatro do Noroeste, con Extrarradios; Teatro do Morcego, con O club da calceta; Centro Dramático Galego, con Noite de Reis; Producións Excéntricas, con Obra, e Sarabela Teatro, con Margar no pazo do tempo, unha selección que repara máis nas montaxes de maior formato entre as estreadas durante este último ano en Galicia.

Cada unha das compañías ofrecerá dúas funcións no programa do festival. O certame, que comezou a celebrarse en 1996, cumpre na capital madrileña un papel con dúas direccións: permite que os espectadores teñan acceso a unhas producións que, doutro xeito, non chegan nunca aos escenarios madrileños; por outra banda, serve de escaparate para a exhibición das compañías e dos profesionais na cidade con maior movemento e mercado teatral na península Ibérica.

 

ENVIAR NOTICIA  

ecena O teatro galego protagonizará en Madrid o Festival das Autonomías

A presenza deste ano no certame é a máis importante da historia dos profesionais dos espectáculos galaicos

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Noite de reis», do CDG, será unha das obras que se poderán ver no Círculo de Bellas Artes
«Margar no pazo do tempo» representarase no certame
«Margar no pazo do tempo» representarase no certame

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.cultura
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.cultura
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.