pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.cultura
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada
Elige:

Entrevista | xaquín marín Debuxante autor de «O lecer de Isolino» «Un sente a veces a necesidade de pasar desapercibido como ser humano»

O artista reivindica a importancia de mirar con humor «un tempo cada vez máis cheo de dificultades»

Autor:
Ramón Loureiro
Fecha de publicación:

Xaquín Marín (1943) publica un novo libro, O lecer de Isolino , no que, como o propio título indica, reúne duascentas viñetas do seu celebrado personaxe de La Voz. A presentación do volume, que edita Embora, terá lugar pasado mañá, venres, ás oito, na galería Sargadelos ferrolá, e correrá a cargo do académico Xesús Ferro Ruibal.

-¿E como lle vai estes días a Isolino, logo?

-¿Con que?, ¿cos dous entroidos xuntos...?

-Coa crise, por exemplo.

-¡Pois que che vou dicir, sendo el como é un xubilado...! ¿Como lle pode ir coa crise? ¡Moito peor que aos demais! Así que intenta pasar desapercibido, para que non o colla de cheo.

-¿Para existir fai falta hoxe máis humor que nunca...?

-Esa pregunta case leva a resposta dentro. Estes son tempos malos, cada vez peores. A xente está cada día menos civilizada. Xa é para que un se meta na cama e tape a cabeza para que non o vexan. Volvendo ao que che dicía antes de ocultarse, que é o que Isolino quere, un tamén sente a veces o desexo de pasar desapercibido como ser humano. Por iso hoxe o humor é máis importante que nunca: porque necesitas quitarlle ferro á vida, facer que sexa asumible existir.

-Véxoo de novo un tanto pesimista.

-Non, non estou sendo pesimista, senón todo o contrario. Estou sendo optimista, porque ao igual que Isolino, me alisto na loita para lograr asumir unha realidade moi dura sen que esa realidade nos venza. E, sen moitas pretensións, tamén para tratar de mellorala, cousa que cada vez é máis complexa, un obxectivo case inalcanzable.

-¿Vostede é hoxe menos idealista do que foi?

-Se me preguntas por min, é certo que son menos idealista que antes, porque cos anos, e eu teño 65, o idealismo vaise perdendo porque un se vai desenganando das cousas. Incluso deixa de crear nos Reis Magos, ademais de nos outros. E se me preguntas por Isolino, a el case lle pasa outro tanto, sobre todo desde a xubilación.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | xaquín marín «Un sente a veces a necesidade de pasar desapercibido como ser humano»

O artista reivindica a importancia de mirar con humor «un tempo cada vez máis cheo de dificultades»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Un sente a veces a necesidade de pasar desapercibido como ser humano»
«É certo que son menos idealista que antes», di Xaquín Marín
Autor de la imagen: | JOSÉ PARDO

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.cultura
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.cultura
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.