Baixo o título Vontade de nación, unha conversa con Anxo Quintana , Xosé Luís Barreiro Rivas abre a colección Fluxos (Difusora), na que se recolle a traxectoria vital, política e o pensamento do vicepresidente da Xunta. Dedicado aos que falan galego, Quintana quixo facer «un canto aos bloqueiros, un termo que moitas veces se utilizou de xeito pexorativo», pero que non son «nin túzaros, nin pechados, nin sectarios». Respecto ao seu proceso transformador, sinala que o segredo «é poñerse un paso por diante da xente».
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios