pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.cultura
Actualizado
Ir a la Portada
Elige:

novedad «Pradolongo» será o primeiro filme galego en saír ao mercado no novo soporte de alta definición Blu-ray

Autor:
La Voz
Fecha de publicación:

O gran éxito do cine galego recente, Pradolongo, da produtora Vía Láctea Filmes, será a primeira película galega rodada en galego que sae en Blu-ray, o novo formato de alta definición que se impón como substituto natural do deuvedé, ademais dos soportes estándares de DVD e CD, para a banda sonora. O próximo 9 de decembro é a data fixada para o lanzamento comercial nos citados soportes, aínda que de momento só estará dispoñible en Galicia, e para o próximo ano xa se poderá adquirir no resto de España.

O contido da edición en Blu-ray ofrece o visionado da película en versión orixinal (galego) e con subtítulos opcionais en euskera, catalán, castelán, francés, inglés e portugués, con un son no novo formato de audio DTS-HD Master Audio, que permite unha reprodución exacta da pista sonora coa mesma calidade que o orixinal de estudio.

O novo soporte inclúe nos extras o clip do tema central da banda sonora, Quen puidera namorala , interpretado por Luís Emilio Batallán sobre un texto de Álvaro Cunqueiro, o tráiler comercial, o spot, a ficha artística e técnica, así como unha galería de fotos. Como agasallo especial ofrece tamén o cedé coa banda sonora. O prezo de saída ao mercado será de 29,95 euros. Pradolongo é un filme sobre a perda da amizade. É a historia de Raquel, Martiño e Armando, tres amigos da infancia que ven deteriorarse a súa gran relación na medida en que os intereses de clase e os sentimentos amorosos entran nas súas vidas .

Distincións

O filme, rodado en escenarios naturais da comarca de Valdeorras (Ourense), está dirixido por Ignacio Villar e protagonizado por Rubén Ríos, Tamara Canosa, Roberto Porto e Gonzalo Chao, e estreouse nas salas comerciais o pasado mes de marzo.

No seu percorrido por distintos festivais foi distinguido co Premio Ciudad de San Sebastián Film Commission, na 56.ª edición do festival dosnostiarra, o premio especial na 13.ª edición do Festival de Cine Internacional de Ourense e co Premio Jerry Goldsmith á mellor banda sonora e ao mellor compositor novel.

 

ENVIAR NOTICIA  

novedad «Pradolongo» será o primeiro filme galego en saír ao mercado no novo soporte de alta definición Blu-ray

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
«Pradolongo» será o primeiro filme galego en saír ao mercado no novo soporte de alta definición Blu-ray
Carátula de «Pradolongo» na súa edición no novo formato Blu-ray
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.cultura
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.cultura
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.