pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.cultura
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

agustín fernández paz escritor «A miña obsesión é loitar pola dignificación da literatura xuvenil»

O autor lucense radicado en Vigo é o novo gañador do Premio Nacional ?de Literatura Infantil y Juvenil pola obra «O único que queda é o amor»

Autor:
B.?R. Sotelino
Fecha de publicación:

Agustín Fernández Paz (Vilalba, Lugo, 1947), espertou onte como nunha novela na que ao protagonista lle concedían o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2008. Pero non era un soño. O autor acadou o galardón que outorga o Ministerio de Cultura pola súa obra O único que queda é o amor , editada por Xerais en galego e por Anaya en castelán. O premio, dotado economicamente con 20.000 euros, distingue ao mellor libro de literatura infantil ou xuvenil publicado no 2007 en calquera das linguas oficiais que se falan en España. Fernández Paz, un dos grandes referentes da literatura infantil e xuvenil en galego, que reside en Vigo, onde se retirou o curso pasado como profesor de ensino secundario no Instituto Os Rosais II, no daba feito con tanta chamada.

-Pois como debe ser gañar o Nobel, ¿non?

-Bueno, iso non me preocupa ¡porque nesas creo que xa non me vou ver!

-¿Que valor lle outorga a este recoñecemento?

-Hoxe non é o momento no que estou máis consciente da cuestión, pero o valor é obvio. Durante os últimos anos tiña case sistematicamente un libro meu nos finalistas do premio nacional e non me sorrira a fortuna nunca. Acadalo para min é unha satisfacción grande polo significado que ten o premio, polo xurado, e porque é un recoñecemento que me facía ilusión.

-O seu libro premiado está escrito en galego. ¿Pódese ler xa no resto do país?

-Si. Toda a miña produción literaria está escrita en galego e traducida a outras linguas. No caso de O único que queda é o amor , xa está en castelán, portugués e sairá en catalán no Nadal.

-Aínda que é una novela xuvenil, ¿pode interesar a un adulto?

-É un libro dos que eu chamo de fronteira. Así pódenme ler rapaces de 15 anos e adultos sen prexuízos. Se fora ao revés, non sería posible. Non me agradan as convencións que hai socialmente sobre o termo literatura xuvenil, que se asocia con obras lixeiras de sexo, drogas e rock & roll. Na miña opinión, que defendo cos meus libros, a literatura xuvenil é aquela que poden ler os mozos independentemente de que tamén o poidan facer os adultos. O exemplo máis claro pode ser O neno co pixama a raias , que é claramente un libro xuvenil no sentido de que non ten complexidades formais.

-¿Por que apostou sempre pola literatura xuvenil?

-Porque os mozos son os lectores aos que me interesa dirixirme, quizás pola miña profesión de docente. Desde os anos 70 vinme na obriga de ler moitos libros deste tipo para recomendalos logo aos alumnos, e encontreime coa sorpresa de que polo mundo adiante había escritores magníficos que traballaban para un público xuvenil. Eu non fago máis que seguir os pasos de xente como Roald Dahl o Jostein Gaarder, que foron referencias para min. O escritor noruegués dicía nunha entrevista que el estaba empeñado en loitar por unha dignificación da literatura xuvenil. Apúntome a esas palabras.. É tamén a miña obsesión. O lectorado mozo é a semente do lectorado adulto e é importante escribir obras con calidade formal e interese temático.

 

ENVIAR NOTICIA  

agustín fernández paz «A miña obsesión é loitar pola dignificación da literatura xuvenil»

O autor lucense radicado en Vigo é o novo gañador do Premio Nacional ?de Literatura Infantil y Juvenil pola obra «O único que queda é o amor»

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
Fernández Paz é un dos grandes referentes da literatura xuvenil
Agustón Fernández Paz, en una imagen de archivo.
Autor de la imagen: Gustavo Rivas

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.cultura
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.cultura
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.