pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.cultura
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

idioma A maioría dos textos máis antigos de galego-portugués proceden de Galicia

O documento galego máis vello que se conserva é unha compravenda do mosteiro de Melón en 1231

Autor:
Joel Gómez
Fecha de publicación:

A Universidade da Coruña editou recentemente a monografía Documentos galego-portugueses dos séculos XII e XIII , con 384 dos máis antigos que se conservan, os considerados máis relevantes. É o resultado dun traballo de 15 anos levado a cabo por José António Souto, profesor da Facultade de Filoloxía de Santiago, que encontrou eses artigos nos fondos de 14 institucións. A que máis posúe é o Archivo Histórico Nacional de Madrid, con 168 documentos; e o Arquivo Nacional da Torre do Tombo, de Lisboa, con 114. En territorio galego, hai só 87 e destacan os arquivos da Catedral de Ourense, con 48; o do Reino de Galicia, na Coruña, con 15; e o Histórico Provincial de Ourense, o do Mosteiro de Ante-Altares de Santiago e o da Real Academia Galega, con cinco en cada caso.

Non obstante, a maioría deses textos, 249 (un 65%) teñen procedencia galega: 47 da catedral de Lugo, 31 do mosteiro de Montederramo, 28 do de Oseira e 27 do de Ferreira de Pallarés como os máis significativos. De Portugal, os máis numerosos proceden do mosteiro de Arouca (16) e da Chancelaría de Afonso III (14). En total se identifican ata 63 orixes.

Todos son notariais e, segundo esclarece Souto Cabo, evidencian o proceso que levou á fixación do novo código da escrita de Galicia e Portugal, en substitución do latín.

Así, 26 dos documentos, entre eles o máis antigo -de 1139-, están en latín e teñen parte significativa en romance [a nova lingua que se impuña, pola evolución do latín], de interese para coñecer as características da lingua común galego-portuguesa nese período tan importante da súa historia. A maior parte dos documentos, 346, son en galego-portugués; e na parte final inclúe 12 en galego-leonés, datados entre 1236 e 1270.

Dos que están en galego-portugués, hai maior cantidade nos de procedencia galega. «No caso dos textos portugueses, na monografía están incluídos todos os coñecidos, ata 1271. Non acontece así cos galegos, pois entre 1260 e 1270 hai moitos máis que os que se publican e só se recollen os de maior valor. Isto pode ser explicado porque en Portugal o uso do romance era menos frecuente. En 1230 Galicia pasou a pertencer a Castela e, nun período breve de tempo, adoptou a práctica normal de escribir case todo en romance, como xa acontecía en Castela, o que explica esa preeminencia de textos encontrados na nosa comunidade». No entanto, o texto máis antigo de todos en galego-portugués foi elaborado en Braga antes de 1175: é o coñecido Pacto entre Gomes Pais e Ramiro Pais , que Souto presentou hai uns anos en Portugal á comunidade científica internacional; o máis antigo producido en Galicia é unha compravenda do mosteiro de Melón, de 1231.

Os galaico-leoneses, acrecenta, «pertencen a zonas de fala galega, maioritariamente adscritas a Zamora, que escribían unha especie de modalidade lingüística, híbrida, de galego-portugués con elementos leoneses. Non hai que confundir o que a xente falaba e o que escribía».

Souto insiste en que textos galegos como o Foro do Burgo de Caldelas , que se datou en 1228, ou mesmo outro en 1227, e que se consideraban como os máis antigos da comunidade, «hoxe xa se sabe que son moi posteriores a esas datas».

 

ENVIAR NOTICIA  

idioma A maioría dos textos máis antigos de galego-portugués proceden de Galicia

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
A maioría dos textos máis antigos de galego-portugués proceden de Galicia
Souto investigou durante quince anos sobre documentos que maioritariamente están fóra de Galicia
Autor de la imagen: | Á. BALLESTEROS

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.cultura
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.cultura
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.