pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.cultura
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Federación de Libreiros O novo presidente dos libreiros galegos aposta por unha revisión do sistema de gratuidade dos libros de texto

Autor:
Sandra Blanco
Fecha de publicación:

Xurxo Patiño Pérez, responsable da Libraría Librouro de Vigo, é o novo presidente da Federación de Libreiros de Galicia. Estará ao fronte da Federación durante un período de catro anos tras ser nomeado o día 20 na Asemblea Xeral Extraordinaria onde se elixiron os cargos da Xunta Directiva.

Aínda que é «cedo» para poñer enriba da mesa as propostas ao fronte do colectivo de libreiros Xurxo Patiño asegura ter os «folgos suficientes» para afrontar todos os retos que ten por diante. O primeiro obxectivo da lista pasa por revisar o sistema de gratuidade e préstamo dos libros de texto, medida implantada pola Consellería de Educación en agosto do 2005. O novo presidente explica que o sistema de préstamo é «dañino» para o sector. «Queremos que a Administración non sacrifique un sector en aras dunha política non progresista nin progresiva. Un sector que eles mesmos cualificaron como estratéxico», explica Patiño. Despois de tres anos da polémica medida, o sector que agora el lidera quere que «a Administración revise o sistema de gratuidade».

Xurxo Patiño reitera que «non se tivo en conta o dano que se estaba a facer ás librarías galegas; un sector que chegará un momento no que rebente porque non se pode soster. Por iso queremos que se lle dea unha volta dende a Administración», aclara.

Novas tecnoloxías

O segundo reto do colectivo de libreiros é a adaptación do sector ás novas tecnoloxías. Patiño confía nas facilidades que a tecnoloxía ofrece para as librarías, «o libreiro ten que saber que queren os lectores. Ademais debe exercer de mediador e de filtro entre todo o material que se está editando».

«Tentaremos aglutinar o máis posible a todos os compañeiros». Con esta premisa o presidente asegura que pretende «limar as asperezas dentro do colectivo» e seguir «sendo un referente dentro do Estado». Patiño quere fixar «unha liña de concordia» para o conxunto de libreiros galegos. Ademais de dar continuidade ao papel da Federación, que xa conta trinta anos, os libreiros buscan un reforzo do «papel cultural» dos seus negocios. «Temos un valor por riba do mercantil, unha compoñente romántica, de gusto polo libro e pola cultura», aclara Patiño.

O colectivo ve nas librarías máis pequenas un punto de acceso á cultura. Patiño destaca que «isto ocorre sobre todo nas vilas e neste sentido, pensamos que son puntos moi dinámicos. E máis aínda arredor do libro galego, aquí convértense en faros», explica.

O repaso pola situación actual do colectivo de libreiros galegos pasa tamén, segundo Patiño, por «estreitar as relacións cos medios de comunicación».

 

ENVIAR NOTICIA  

Federación de Libreiros O novo presidente dos libreiros galegos aposta por unha revisión do sistema de gratuidade dos libros de texto

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
O novo presidente dos libreiros galegos aposta por unha revisión do sistema de gratuidade dos libros de texto
Xurxo Patiño Pérez na Libraría Librouro de Vigo
Autor de la imagen: | XOÁN CARLOS GIL
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.cultura
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.cultura
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd