pub
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.cultura
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

conferencia Portugal abre o seu Parlamento para discutir o Acordo Ortográfico

Os participantes valoran un texto que o Goberno quere que entre en vigor nun prazo de seis anos

Escritores, lingüistas, asociacións, académicos e outros sectores interesados darán o seu punto de vista

Autor:
J. Gómez
Fecha de publicación:

A Assembleia da República de Portugal será sede mañá dunha Conferência Internacional/Audição Parlamentar sobre o Acordo Ortográfico da Língua Portuguesa . Nunha xornada completa, en sesións de mañá e tarde, a tribuna parlamentaria estará ao dispor de escritores, lingüistas, académicos, asociacións profesionais e representantes de entidades e institucións con interese directo no asunto, que exporán as súas razóns a favor e en contra nun asunto que suscita grande polémica na sociedade portuguesa e está pendente de entrar en vigor desde 1990, para unificar a ortografía para os 230 millóns de habitantes dos países lusófonos. O Goberno de Portugal pretende a súa aplicación progresiva en seis anos.

O acontecemento será inaugurado por Jaime Gama, presidente da Cámara. Pola mañá intervirán catro oradores convidados, de institucións con implicación moi directa: Adriano Moreira, presidente da Academia de Ciencias de Lisboa; Evanildo Bechara, da Academia Brasileira de Letras; Albertino Bragança, en representación do Goberno de São Tomé e Príncipe; e Amélia Mingas, presidenta do Instituto Internacional da Língua Portuguesa.

Desde as 14.30 horas será a ocasión para 37 oradores, segundo o programa avanzado, representantes dos países de lingua oficial portuguesa, alén de dous galegos, e un que se achegará desde Estados Unidos.

Desde a Presidencia da República de Portugal a outros representantes de gobernos nacionais e rexionais, alén de profesorado de universidades e escritores, asociacións especializadas de carácter académico e de empresas relacionadas coa lingua, de diferentes países, pasarán pola tribuna.

Finalmente intervirán os grupos do Parlamento, que valorarán a sesión. Despois terán unhas semanas para elaborar un relatorio sobre o Acordo Ortográfico antes de que sexa sometido a aprobación, seguramente no próximo mes de maio.

 

ENVIAR NOTICIA  

conferencia Portugal abre o seu Parlamento para discutir o Acordo Ortográfico

Os participantes valoran un texto que o Goberno quere que entre en vigor nun prazo de seis anos

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.cultura
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.cultura
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd