pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.cultura
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

Primeira cova granítica da Coruña con xacemento

Fecha de publicación:

Para os membros do Clube Espeleolóxico Maúxo, o importante é que se trata da primeira cova granítica da provincia da Coruña coñecida onde se comproba a existencia dun xacemento arqueolóxico prehistórico destas características. E eles son unha fonte fiable para falar do tema porque a súa actividade como espeleólogos céntrase precisamente na exploración das covas graníticas.

Segundo a información que manexan, en Galicia sábese desde hai anos doutras covas graníticas con xacementos semellantes, pero todas están na provincia de Pontevedra. Os dous exemplos principais son as covas do Folón (Vigo) e da Cunchosa (Cangas).

Os portavoces do C.?E. Maúxo, integrado na actualidade por uns quince membros de toda Galicia, aínda que a maioría son de Vigo e o Val Miñor, salientan tamén a importancia de que o descubrimento tivese lugar nunha cova no Pindo, porque «é unha das montañas máis afamadas de Galicia polas súas espectaculares paisaxes, vistas, xeoloxía, flora, lendas, historia...». «Consideramos que este xacemento da Idade do Bronce permitirá profundar no coñecemento da prehistoria do lugar. De feito, o interese do clube, do IUX e do propio museo é o de potenciar o estudo das covas da zona, o que sen dúbidas permitirá coñecer mellor a nosa prehistoria».

Características da cova

A cova onde se localizou o xacemento arqueolóxico atópase nun punto de difícil acceso no Pindo (os datos concretos da súa situación, coordenadas e topónimo só se lles comunican ás autoridades competentes para protexer así o xacemento). A cavidade granítica ten uns douscentos metros de desenvolvemento liñal e arredor de cincuenta de fondo e xa era coñecida por J.?M. Vidal Romaní (catedrático de xeoloxía do IUX).

Idade do Bronce

As pezas rescatadas pódense circunscribir sen problemas (polos paralelos coñecidos noutro tipo de xacementos) á Idade do Bronce (entre o 2000 e o 1600 a. de C.). Entre elas figura unha decorada, a primeira que se recoñeceu, que formaba parte dun cacho dun cacharro de tradición campaniforme. En concreto trátase dun fragmento do pescozo (parte superior) dunha peza cerámica de considerable tamaño. A súa decoración está dividida en bandas horizontais onde alternan liñas incisas con outras impresións oblicuas.

 

ENVIAR NOTICIA  

Primeira cova granítica da Coruña con xacemento

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.cultura
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.cultura
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd