pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.cultura
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

zonas megalíticos Patrimonio vai mercar 15 dolmens para crear unha rede visitable

A Xunta negociará un a un cos propietarios das fincas afectadas, e non descarta expropiar se fose necesario

Os monumentos megalíticos están en sete concellos da Costa da Morte, Bergantiños e Terras de Soneira

Autor:
Concha Pino
Fecha de publicación:

A Consellería de Cultura vai mercar 15 dolmens para crear unha rede visitable nunha das zonas megalíticas máis relevantes de Galicia, que comprende a Costa da Morte, Bergantiños e Terras de Soneira, repartidos nos concellos de Vimianzo, Zas, Laxe, Malpica, Mazaricos, Dumbría e Carballo. A ruta incluirá o dolmen de Dombate, que é propiedade da Deputación da Coruña.

A Dirección Xeral de Patrimonio ten en marcha o proceso para facerse cos terreos nos que se asentan estas cámaras de pedra, que en moitos casos son de varios propietarios, polo que a negociación pode ser máis complicada, porque terán que mercar tamén aquelas afectadas pola servidume de paso. Estas obras megalíticas están declaradas como ben cultural, polo que os donos das fincas non poden dispoñer delas libremente. Os responsables de Patrimonio xa tiveron unha reunión con concelleiros dos grupos municipais da Costa da Morte para tratar o tema e deixar claro que no proxecto «prevalece o concepto de rede, o que significa que non se vai crear un centro de interpretación único, que vai existir, pero que será compatible con outros de recepción de visitantes e de información en toda a área. O importante e fundamental é o patrimonio, e non o centro de interpretación».

 

ENVIAR NOTICIA  

zonas megalíticos Patrimonio vai mercar 15 dolmens para crear unha rede visitable

A Xunta negociará un a un cos propietarios das fincas afectadas, e non descarta expropiar se fose necesario

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.cultura
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.cultura
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd