Asegura José Manuel Caamaño neste volume de A Gran Historia de Galicia que «o conxunto dos petróglifos galegos preséntase como un dos máis ricos e peculiares da súa época dentro do marco europeo e incluso mundial».
Malia iso, a arte rupestre ao aire libre non forma parte do noso patrimonio mellor protexido e aínda falta moito por facer nos estudos arqueolóxicos para obter unha diferenciación cronolóxica das distintas estacións. Mentres non sexa así, non se poderán interpretar correctamente as claras diverxencias que se poden observar, por exemplo, entre conxuntos afastados como os de petróglifos de Campo Lameiro e Cotobade e os da ría de Vigo ou Baiona, ou cos existentes no Barbanza.
Moitos investigadores consideran que na arte rupestre galaica existen dúas mensaxes ou linguaxes diferentes: unha maioría de matiz privado con predominio de motivos xeométricos, e unha minoría con abundancia de temas naturalistas destinada á comunidade. De ser así, «estaríamos falando dun grupo humano e dunha sociedade bastante complexa», sinala o autor.
Recentes estudos remarcan a clara relación entre os gravados rupestres e os asentamentos humanos. Parece ser, como acontece no Morrazo e no Barbanza, que as rochas con petróglifos se sitúan no linde dos territorios de explotación principal das comunidades campesiñas de economía itinerante do Calcolítico e da Idade de Bronce.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios