pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:megabanner
LVDG_PUBLICIDAD:12:sec.cultura
portada de La Voz de Galicia

Buscador de contenidos

Elige:

PROMOCIÓN Unha revolución de hai 5.000 anos, en «A Gran Historia de Galicia»

Os lectores poderán mercar mañá este novo libro co xornal ao prezo de 3,95 euros

O volume ofrece as mostras máis representativas das armas, a cerámica e os gravados rupestres

Autor:
La Voz
Fecha de publicación:

Galicia, como a maioría do litoral atlántico, viviu entre o IV e o III milenio unha auténtica revolución marcada pola aparición da metalurxia. Esta etapa de crecemento desencadeou aquí -non así en todos os demais sitios- importantes cambios tanto sociais como culturais nas comunidades campesiñas. Iso é o que pon de manifesto a segunda entrega que A Gran Historia de Galicia dedica á nosa Prehistoria e que, escrita polo profesor José Manuel Caamaño Gesto, se centra no Calcolítico e a Idade do Bronce.

Os lectores que adquiran mañá o seu exemplar de La Voz poderán mercar con el este novo libro ao prezo de 3,95 euros.

Profusamente ilustrado a cor do mesmo xeito que toda a colección, o volume ofrécenos a posibilidade de contemplar as mostras máis representativas das armas, a cerámica, menhires, gravados rupestres, petroglifos e demais manifestacións desta etapa histórica, así como de coñecer as achegas máis recentes dos investigadores sobre a sociedade de tempos tan remotos.

Estamos a falar, por exemplo, dunha etapa na que a aparición do arado de tracción animal representa un cambio fundamental na agricultura coa mellora no sistema de cultivos, a valorización dos terreos de maior produtividade no fondo dos vales e a ampliación dos espazos agropecuarios.

Esa maior riqueza na época que camiña cara ao Bronce permitiría ademais uns intercambios comerciais aos que se incorporarían pouco a pouco os chamados bens de prestixio e, entre eles, obxectos elaborados en metais preciosos. Como unha das primeiras evidencias cítase a diadema de ouro atopada nunha mámoa da Veiga dos Mouros (As Pontes) que apareceu cabo de varias puntas tipo palmela de cobre e unha de bronce. E así chegamos ao Bronce final, que comeza co derrubamento dos grandes poderes do Mediterráneo polos chamados «Pobos do mar» e a extensión dos «Campos de urnas» centroeuropeos, con importantes melloras na produción metalúrxica. Estas póñense de manifesto na nosa terra, por exemplo, co depósito de Samieira, composto por 170 machadas de talón cun peso superior aos 150 kilos que case duplica o calculado para toda a metalurxia do calcolítico e do Bronce medio.

Unha mostra dos cambios que se producen é tamén a introdución progresiva do chumbo nas aliaxes e o desenvolvemento dos lazos e relacións entre os distintos focos atlánticos.

 

ENVIAR NOTICIA  

PROMOCIÓN Unha revolución de hai 5.000 anos, en «A Gran Historia de Galicia»

Os lectores poderán mercar mañá este novo libro co xornal ao prezo de 3,95 euros

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_PUBLICIDAD_MIVA:
En Auga da Laxe hai unha ostentación de elementos como as armas reservados a un grupo social privilexiado
A tipoloxía de Vázquez Varela, que se presenta neste volume

Relacionados de la noticia

 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:sec.cultura
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:sec.cultura
LVDG_PUBLICIDAD:11:sec.cultura
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

R.M. de A Coruña: tomo 2438 del Archivo, Sección General, folio 114 vto., hoja C-2141. CIF: A-15000649.
ojd