Imagen:

Os Bolechas coñecen a Pondal no centenario da súa morte

A RAG acolleu a presentación da colección dedicada aos autores das Letras Galegas e que se abre co Bardo de Bergantiños


02/12/2016 05:00

«É un privilexio que, xogando e pasándoo ben poidades aprender a vida de Rosalía de Castro, de Manuel María ou de Curros Enríquez, empezando pola de Pondal», con estas palabras dirixidas aos escolares de Boqueixón e Vedra presentes no acto saudou o presidente da Real Academia en Galega, Xesús Alonso Montero, a presentación da colección de Os Bolechas dedicada aos autores homenaxeados co Día das Letras Galegas.

O primeiro volume está dedicado ao Bardo de Bergantiños, do que o próximo ano se cumpre o primeiro centenario do seu falecemento, así que o acto celebrado na sede da RAG comezou cos nenos recitando o seu poema A Fala e pechouse co Himno Galego. Alí estiveron tamén o responsable da editorial Bolanda, Antonio Couto; o director de mercadotecnia da Caixa Rural Galega, José Manuel López Marcos; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e Xosé María Varela, xerente da Fundación Pondal. Os versos de Os Eoas son o fío condutor do volume sobre Pondal que inclúe un dicionario cos termos máis complexos.

Votación
0 votos
Etiquetas
Día das Letras Galegas Manuel María Rosalía de Castro Xesús Alonso Montero RAG Empresas Boqueixón Vedra Ponteceso Fundación Eduardo Pondal
Comentarios