Octubre. Vic Godard. The Wellgreen.

23/09/2016 05:00

e ademais, hoxe

Octubre. Este grupo chegado desde Caravaca de la Cruz (Murcia) tomará o relevo de Aula 11 na Sala Dublín co seu pop vibrante. Formado en 1995, o su disco máis recente é Mouseland.

Vic Godard. O artista londinese é a gran estrela do cartel deste ano do Xiria Pop. Coetáneo de bandas como The Clash ou os Sex Pistols, Godard rebasou as fronteiras do punk dos seus inicios xunto a súa banda Subway Sect para visitar outros xéneros coas súas coidadas cancións.

The Wellgreen. A primeira velada deste Xiria Pop pecharase con este grupo de pop guitarreiro chegado desde Glasgow.

Votación
0 votos
Etiquetas
Comentarios