pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

O experto Secretaria de Afiprodel Un gran nicho de emprego por conta allea na costa galega

Autor:
María Jiménez
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

Segundo datos de afiliación e altas de outubro de 2011, Camariñas presenta 259 altas no sector industria, fundamentalmente empregos xerados nas factorías de transformación e preparación de produtos do mar.

Camariñas -datos do Ardan 2010- conta con cinco conserveiras, envasadoras ou preparadoras de peixe e marisco que empregan 126 persoas de forma permanente, o que supón máis do 49% dos postos de traballo do sector industrial do concello. A este dato habería que sumar o número de contratos temporais que estas actividades xeran nas tempadas de máis produción, polo que podemos afirmar que máis do 50 % dos empregos do sector industrial estarían vinculados a esta actividade.

A man de obra é fundamentalmente feminina nas cadeas de procesado e envasado, aínda que tamén ten empregados, a maioría masculinos, nos mandos intermedios e nos servizos de transporte e empaquetados.

No estudo cualitativo realizado pola Area de Igualdade do Concello analizábanse o traballo feminino das empresas conserveiras de Camariñas.

Contratacións

A maior parte das contratacións son fixo discontinúo e temporais na cadea de envasado. Tamén é destacable a satisfacción das mulleres empregadas polas condicións económicas, as melloras no traballo, grazas ás actuacións de modernización e innovación das empresas, e as prestacións e garantías que que supoñen as súas cotizacións na Seguridade Social. Polo que se refire ás limitacións e debilidades, o máis chamativo é a escasa posibilidade de ascenso na empresa, limitada posibilidade de formación, a monotonía e dureza do traballo en cadea e a necesidade de revisión da política salarial.

Estas características son comúns, neste subsector, en todo o territorio galego.

Sen embargo, son poucas as empresas que contan con plans de igualdade, que contemplen entre outras materias, acceso ao emprego, clasificación profesional, promoción, formación, retribucións e ordenación dos tempos de traballo, así como medidas que favorezan a conciliación laboral, persoal e familiar do persoal traballador. Estes aspectos repercutirían beneficiosamente no emprego deste subsector que é, hoxe en día, o maior nicho de emprego por conta allea en moitos dos territorios costeiros de Galicia.

 

ENVIAR NOTICIA  

O experto Un gran nicho de emprego por conta allea na costa galega

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.