Rafa Villar gana o premio Arume de poesía

carballo / la voz

CARBALLO

03 dic 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

O autor ceense rafa Villar é o gañador da última edición do premio Arume de poesía escrita para nenos.

O xurado, reunido na Fundación Xosé Neira Vilas, e integrado polo propio autor de Memorias dun neno labrego, Valentín García Gómez, Xoán Andrés Fernández Castro e Luis Reimóndez Fernández, acordou por unanimidade concederlle o galardón á obra que se presentou baixo o título Patente de corso (pequeno dicionario pirata), e a autoría de Villar descubriuse tras a apertura da plica.

Para o xurado, Patente de corso é unha composición poética con «piratas bos, xoguetóns e atractivos para o público en infantil, non son corsarios violentos, senón máis ben inxenuos, que mesmo esquencen cargar os canóns para librar batallas na que ninguén se magoa».