pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

terra e xente Presidente do Seminario de Estudos Comarcais Antón Mouzo, por fin fillo distinguido de Vimianzo

Autor:
Xosé M.ª Lema Suárez
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

Poucos días despois do seu falecemento, no 2007, publicabamos en La Voz un artigo na memoria do pintor Antón Mouzo, titulado Antón Mouzo, fillo distinguido. Despois de facer unha breve análise da súa obra rematabamos con estes parágrafos: «No enterro non poucos comentabamos que non tivera moita sorte Antón por ter nacido en Vimianzo, pois aquí a súa obra só recibiu a indiferenza municipal. Repasando a súa biografía artística, tan só consta unha exposición na súa vila natal: a do Castelo de Vimianzo de 1993, e seica fora por iniciativa propia. Disque no pub Mehari vimiancés tamén se dera acubillo a outra exposición súa; nos dous casos, para nada interveu o goberno municipal. Xa é triste que un artista de sona internacional, con máis de 15 exposicións individuais e 60 colectivas, con importantes primeiros premios, con obras en museos de tanto prestixio como o de Belas Artes da Coruña, o Carlos Maside do Castro-Sada, na Universidade de Santiago, na Xunta de Galicia, na Biblioteca Nacional de Madrid... nunca fose convidado polo Concello de Vimianzo a expoñer ante os seus paisanos... Descanse en paz este Fillo Distinguido de Vimianzo, tal como o consideramos moitos, que levou o nome da súa vila e da Terra de Soneira por todas partes».

Dous anos máis tarde, cando en 2009 o Concello de Santiago organizou unha retrospectiva da obra de Antón Mouzo nada máis nin nada menos que no magno marco do Auditorio de Galicia, a moitos nos seguiu chamando a atención que non aparecese por alí nin un só representante do goberno municipal vimiancés. Polo que nos toca, no libro colectivo A Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte (Xerais 2010) hai un apartado especial para Antón e a súa obra, e, como non, para as súas botas de buxo, poetizadas por Manuel Rivas, «feitas coa mellor madeira da humanidade».

Mañá, o Concello de Vimianzo inaugurará, na Casa da Cultura, unha exposición da obra completa de Antón (1957-2007), membro fundador que fora do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte. Igualmente, a sala de exposicións levará o seu nome, e nela tamén se expoñerán as obras doutros artistas vimianceses e soneiráns. Por fin parece que se acabou a transición no Concello de Vimianzo. Por fin se empeza a saír das tebras da ignorancia -todo o que cheiraba a cultura era anatema para o anterior alcalde; causáballe urticaria- e se entra na modernidade. Por fin no Concello se empezan a recoñecer os méritos dos seus fillos, como o pintor Mouzo, colaborador de escritores coma Manuel Rivas ou de cineastas como Xabier Villaverde. Parabéns para o novo goberno municipal (BNG-PSOE), presidido por Manuel Antelo, que xa deixou entrever outras formas, abertamente democráticas, descoñecidas ata agora no municipio. Malia que as multimillonarias débedas herdadas do goberno anterior van lastrar e moito os presupostos municipais, moitos temos confianza en que o Concello de Vimianzo, que conta con tantos potenciais paisaxísticos e monumentais, se pode converter nun exemplo a seguir en todo o territorio.

 

ENVIAR NOTICIA  

terra e xente Antón Mouzo, por fin fillo distinguido de Vimianzo

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Antón Mouzo, por fin fillo distinguido de Vimianzo
O artista vimiancés faleceu hai catro anos.
Autor de la imagen: césar quián
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.