pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Todo Ponteceso celebra os 30 anos do monólito pondaliano

Os actos comezan hoxe cun pasarrúas do grupo de gaitas Os Terribles de Donas

Autor:
PONTECESO
Fecha de publicación:
  • Valoración de la noticia 1 , 2 , 3 , 4 , 5 , ()
  • Envíando datos... Espere, por favor.
  •  Gracias.

As actividades do xoves estarán relacionadas coas campás da igrexa de Anllóns

? Arranca hoxe unha ampla programación de actividades que se estenderá ata o domingo 4 de setembro e na que a Fundación Eduardo Pondal, a Concellería de Cultura do Concello de Ponteceso e un extenso número de colectivos do municipio conmemorarán o 30 aniversario do monólito pondaliano que polas mesmas datas do ano 1981 se ergueu ás beiras do río Anllóns.

Nesta xornada inaugural, a partir das 12.00, comezarán as actividades cun pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Os Terribles de Donas ó longo de toda a avenida Eduardo Pondal de Ponteceso. A organización aproveitará para realizar un reparto do tríptico e cartel conmemorativo entre a veciñanza e os establecementos de hostalería.

Mañá as actividades desenvolveranse durante todo o día. Na mañá, en varias salas do Centro Cultural de Ponteceso quedarán abertas as exposicións Terra de Bergantiños, Bibliografía d@s escritor@s pontecesáns e Xogos tradicionais de Ricardo Pérez Verdes. Os escaparates das librerías A Pesqueira e A Tenda dos Libros tamén terán expostos os libros d@s escritor@s pontecesáns (Eduardo Pondal, Jaime Valdés, Xosé Antonio Pet Posse, Xelucho Abella Chouciño, Miguel Anxo Mato Fondo, Jesús Méndez Torrado e Diana Varela Puñal). En xornada de tarde, os actos desprázanse ó local da Asociacion Coto de Almerezo, sito no Campo da Feira da Trabe. Alí, Alberto Martínez Pose, xerente da Asociación de Desenvolvemento de Bergantiños, e Xosé Manuel Varela presentarán a obra Comarca natural de Bergantiños de Salvador Parga Pondal. Esta presentación irá acompañada cunha sesión gastronómica de degustación de carne de xabaril elaborada por restauradores locais nas dependencias de Coto de Almerezo.

O martes 30 as actividades desprazaranse á Praza do Pan de Corme, que está en plenas festas de San Roque. Alí, a partir das 19.30 horas, o músico e escritor local Jesús Méndez Torrado (Suso de Basilio) lerá unha semblanza sobre Calixto dos Maravillas, fundador do grupo de gaitas Os Maravillas de Corme. Tras a lembranza actuarán Bieito Romero e Xan Cerqueiro, do grupo Luar na Lubre. Porán en escena varias gaitas, unha zanfona e frauta. Interpretarán pezas tradicionais e temas creados por Bieito Romero.

O mércores 31, desde a mañá, co asesoramento dos investigadores Manuel Vilar Álvarez, Xan X. Fernández Carrera e Luís Giadás, realizarase un roteiro lingüístico por catro romarías da Costa da Morte: San Fins do Castro, Carme do Briño, San Fins de Cambeda e Barca de Muxía. Nestes espazos, á parte das explicacións artísticas e etnográficas dos investigadores, leranse poemas de Eduardo Pondal e Rosalía de Castro. Ademais Jesús Couto Varela e Manuel Caridad López, ambientarán estes espazos con música da época con acordeón e violín.

O xoves 1 de setembro as actividades desprazaranse á igrexa de San Fins de Anllóns. A partir das 8 da tarde, iranse debullando catro actividades relacionadas coas campás desta igrexa. En primeiro lugar, o campaneiro José López ofrecerá un recital de campás. Despois, veciños da parroquia realizarán un recital cívico do poema A campana de Anllóns. A continuación estrearase a curtametraxe de Dani Puente A campana de Anllóns, que inclúe un recitado do poeta ourensán Eduardo Blanco Amor. Por último, procederase ó visionado do programa da TVG Ben Falado que se gravou con motivo do 150 aniversario da publicación do poema. Todas estas actividades serán presentadas por Cristina Martínez Silvaredonda, xornalista natural desta parroquia.

O venres 2 de setembro, a partir das 11 da noite, no bar A Eira de Ponteceso procederase á presentación do cedé musical A escote, dos grupos Media Ducia e Fol de Veneno. O acto será moderado polo gaiteiro Manolo Dourado e contará co acompañamento de importantes persoas do mundo da música tradicional como o gaiteiro Pedro Lamas, a pandereteira de Xiradela de Arteixo Fransy González, a cantareira da Agualada Sonia Reborido, o músico Ito de Arzúa e catro bailadoras do grupo de música e danza Raigañas de Cerqueda. Ademais de palabras e música, o acto contará con proxeccións de fotos e vídeos no que se recollen imaxes de actuacións destes dous grupos e dos seus músicos.

O sábado 3 de setembro, en horario de mañá, celebrarase unha xornada de deportes de aventura denominada Ponteaventura Raid, coordinada por Quito González, do departamento de Deportes do Concello de Ponteceso. A ela acudirán persoas de fóra do concello e nela percorrerán lugares que aparecen citados na obra pondaliana na procura dunhas balizas que están caracterizadas coa cara de Eduardo Pondal.

 

ENVIAR NOTICIA  

Todo Ponteceso celebra os 30 anos do monólito pondaliano

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Todo Ponteceso celebra os 30 anos do monólito pondaliano
O décimo aniversario, en 1991, tamén se conmemorou
Autor de la imagen: MANOLO

Relacionados de la noticia

 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.