«Foron catro anos perdidos para Coristanco»

Antonio Longueira Vidal
Toni Longueira CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Califica de «nefasta e escurantista» a xestión do equipo de goberno de Antonio Pensado

21 abr 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Afronta con ilusión este segundo intento para acceder á alcaldía de Coristanco, aínda que precisou que se ten que volver á oposición seguirá a traballar coa «mesma responsabilidade de sempre». Amancio Lavandeira (Seavia, 1966), enxeñeiro técnico agrícola, é profesor en Fonteboa, onde imparte clases de tecnoloxía e cultivos, pero sinte vocación pola política. «É a forma que teño de comprometerme cos veciños e Coristanco», sinala.

-Son uns comicios especiais porque o PP alcanzou a maioría absoluta no 2007 por un puñado de votos.

-Serán unhas eleccións apaixonantes. Hai unha oportunidade histórica para novas propostas, e por iso vai pelexar Terra Galega, polo cambio.

-¿Que valoración fai da xestión do goberno de Pensado Plágaro?

-Nefasta. Foron catro anos perdidos para Coristanco. Xestionáronse seis millóns de euros, pero a cidadanía non percibiu esa inversión, porque dedicáronse os cartos a supostos proxectos faraónicos que ao final quedaron en nada.

-Poña algún exemplo.

-A piscina municipal, o centro de día o polígono industrial... Son moitas as propostas que se anunciaron de forma reiterada e non saíron adiante.

-Nos plenos, Terra Galega sempre fixo fincapé no plan medioambiental.

-A falta do punto limpo é o exemplo máis claro da nula xestión do PP en Coristanco. O alcalde falou dese proxecto durante boa parte do seu mandato, este rematou e aínda segue no limbo, é dicir, outra máis das súas promesas incumpridas. Ao igual que ocorreu coa normativa medioambiental, que tanto se lle solicitou dende Terra galega.

-Vostedes tamén denunciaron a falta de transparencia sobre os ingresos da Festa da Pataca.

-Da Festa da Pataca soamente sabemos os gastos, pero non hai un só recibo dos ingresos. ¿Onde foron parar eses cartos? Os veciños non o saben e piden explicacións. Como sucede coas contas do Concello. ¿Cal é a débeda real? ¿A quen se lle debe? Son dúas preguntas que o señor Pensado Plágaro a día de hoxe non respondeu. Por iso, o primeiro que faría se saíse rexedor sería levar a cabo unha auditoría de todo o que se fixo nestes catro anos e esixir responsabilidades se detectásemos posibles irregularidades.

En contra

En contra

En contra

En contra

En contra

Se é de fusión, a favor, porque xera unha enerxía limpa

En contra

En contra

A favor

En contra

Gústame de todo

Ribeiro

Unha cerveciña

As cigalas

O bacallau

Un Peugeot 407

Deixeino fai sete anos

Do Madrid. Chámome Amancio polo meu padriño

A bicicleta e camiñar

Pérez Reverte e Tolkien

Capitán Alatriste

Casablanca

Antonio Gaudí

Robert de Niro

Meryl Streep

Julio Iglesias

As series policíacas, como CSI

Os Picos de Europa