Libros para facer historia

Ángel palmou CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

A Cutareira e o Semescom lembran o pasado a través de sendas obras

19 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

As novidades editoriais, e en especial aquelas que teñen que ver coa historia e a cultura máis próxima, teñen un gran poder de convocatoria na Costa da Morte, tal e como demostraron as dúas presentacións de onte en A Laracha e Vimianzo. Na primeira localidade, o pub D?Antón quedouse pequeno para acoller aos numerosos veciños que quixeron coñecer -e mercar a un módico prezo de 10 euros (12, desde hoxe)- o volume editado pola asociación de veciños A Cutareira. En moitos casos, os asistentes puideron tamén buscarse e atoparse nas fotos que cederon para a súa elaboración O trolebús, os deportes, as festas, tamén as tristezas, os oficios e a emigración, son algúns dos temas que poden atoparse en Unha volta polo pasado, unha obra na que tamén colaboraron o carballés Xan Fraga e a profesora larachesa María Rey.

Tamén ao pasado, pero neste caso a unha das súas manifestación artísticas (os hórreos), mira a obra presentada no salón caribe de Vimianzo polos responsables do Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte (Semescom). Así, deuse a coñecer O hórreo atlántico ou fisterrán. Cabazos e cabaceiros da Cosa da Morte e Barbanza, un exhaustivo estudo de Xosé M. Lema Suárez coa colaboración de Carlos Fernández Concheiro.

NOVIDADES EDITORIAIS a laracha e vimianzo