O colexio de Aguiño participará nun proxecto educativo a nivel estatal

La Voz RIBEIRA/LA VOZ.

CARBALLO

22 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Durante dous cursos, o colexio de Aguiño participará nun proxecto que se desenvolverá a nivel estatal e que leva por título Tece-Redes. A iniciativa enmárcase no plan ARCE que promove o Ministerio de Educación e Cultura.

Os estudantes de Aguiño traballarán conxuntamente con escolas de Asturias, Lleida e Valencia. Dende o centro ribeirense explican se trata dun proxecto no que a identidade galega xoga un papel esencial.

Faranse traballos nos que a comunidade educativa de Aguiño viaxará física e virtualmente mostrando a parroquia, a comarca e Galicia. Tamén terá gran relevancia a lingua e se potenciará a pluralidade tendo como marco a cultura propia.

Ao mesmo tempo, crearase un espazo comparativo de semellanzas e diferenzas, tanto históricas como sociais ou lingüísticas. Profesores dos outros centros xa tiveron a oportunidade de visitar a escola de Aguiño.