Tamén se sumou á xornada o instituto Agra de Leborís

La Voz

A CORUÑA CIUDAD

05 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O Día da Ciencia en Galego conmemórase en toda Galicia. Sen saír da Laracha, un dos centros que máis o preparou foi o instituto Agra de Leborís, con exposicións de temas científicos; obradoiros de papaventos; mostras de libros de ciencia en galego; e a conferencia de Xabier Fernández, meteorólogo da Axencia meteorolóxica da Coruña. Con motivo da xornada de onte, púxose tamén unha pancarta no centro.