O colexio Alfredo Brañas larachés celebra o Día da Ciencia en Galego

La Voz CARBALLO/LA VOZ.

CIENCIA

05 nov 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O patio do colexio Alfredo Brañas de Paiosaco (A Laracha) serviu onte de laboratorio científico. Os alumnos celebraron o Día da Ciencia en Galego e para iso se esforzaron algo máis dun mes na súa preparación. Segundo cursos, fixeron varios experimentos: globo electrizado (primeiro de primaria), a presión atmosférica (segundo), a plastilina flotante (terceiro), o aire quente que se expande (cuarto), o ovo en suspensión (quinto) e un xilófono de auga (sexto de primaria).

Os nenos de educación infantil tamén se empregaron a fondo na confección duns papaventos, aos que se sumou o concedido pola Deputación pola realización destas actividades, malia que o día non daba moito para voar. Todo isto foi organizado, coa colaboración de todo o centro educativo, polo departamento de Dinamización de Lingua Galega, coordinado por Isabel Rodríguez. Tratan de amosar que calquera lingua é válida para a ciencia e que unha lingua, para aprendela, hai que usala.