«Unha historia, pero con cancións»

La Voz

CARBALLO

10 oct 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O vigués Suso Cortegoso sabe de teatro, de televisión e tamén de bares. Como el di: «Eu son un titiriteiro, fago algo de todo»

-¿Que é «Apocalipse»?

-Conto unha historia [a duns supostos fenómenos paranormais nunha vila interior de Galicia] e vouna adornando con cancións en directo: rock&roll, country ou blues. Sempre me gustou poñer música en directo no teatro. -¿Que lle parece esta Rúa dos Contos? -Será a primeira vez, vou con curiosidade, pero parecéme moi interesante iso de ter unha sección de contos e teatro de pequeno formato.