Presentan o programa de actos do Encontro de Política Lingüística

La Voz CARBALLO/LA VOZ.

CARBALLO

16 sep 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

O responsable da Área de Normalización Lingüística da Deputación de A Coruña, Xoán Manuel Sande, e o presidente da Coordinadora de Traballadores de Normalización da Lingua (CTNL), Nel Vidal, presentaron onte no Pazo da Cultura o programa de actividades que se levarán a cabo, o 20 de outubro no mesmo recinto, dentro da cuarta edición do Encontro de política Lingüística. A cita abrirase ás 10.30 horas cun debate político sobre a normalización no ámbito comarcal. A continuación, distintos técnicos de normalización dos concellos de Bergantiños e Soneira exporán varias propostas de acción conxunta e, desde a unha da tarde, comezará unha mesa de traballo sobre a procura da implicación de empresas e asociacións no proceso de normalización.

A tarde abrirase cunha charla para tratar o papel das Administracións locais no ámbito do ensino. O encontro pecharase ás seis cunha disputa regueifeira a cargo de Luis O'Caruncho e Bieito Lobariñas que servirá de resumo da xornada.