Os escritores fisterráns Modesto Fraga e Branca Vilela foron elixidos para participar na antoloxía de poesía erótica Erato bajo la piel del deseo , da editorial Sial. A obra, que foi coordinada por Pura Salceda e na que participan 90 poetas con textos escritos en lingua castelá, galega e catalá, será presentada este sábado na Feria del Libro de Madrid. A antoloxía, na que participan outros autores como Luz Pozo Garza ou Yolanda Castaño, estará a venta a vindeira semana.
Por outra banda, a editorial Fervenza vén de publicar, na súa colección A Pinguela, a último traballo literario de Concha Blanco, que é a primeira obra de teatro publicada en solitario pola escritora ceense. O libro xuvenil, titulado Repetimos. Acción!, consta de tres escenas da vida cotiá.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios