pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Entrevista | maría lado cariño poetisa que participa hoxe no espazo «xaramiño» «Espazos como Xaramiño rompen a dinámica da radio»

Hoxe compartirá tempo e poesía con Alexandre Nerium, en Radio Voz Bergantiños, ás 11.00 horas

Autor:
Patricia Blanco
Fecha de publicación:

Radio Voz Bergantiños (99.8 FM) ofrece dende hai uns días novos espazos, como Xaramiño. É unha aposta pola poesía e pola súa divulgación. O fío condutor corre a cargo de Alexandre Nerium, poeta fisterrán. El xa se «estreou» diante dos oíntes de Radio Voz Bergantiños o pasado venres, así que hoxe farao de novo, pero neste caso moi ben acompañado.

Cada venres, el traerá ao lado da súa poesía a dun compañeiro ou compañeira e, para a presente xornada, escolleu a María Lado, unha poetisa ceense -entre outras profesións, porque é polifacética- á que Nerium considera «unha das voces de referencia na poesía nova deste país». Comezou a escribir con 17 anos e ten no seu peto publicacións varias, como A primeira visión; Casa atlántica, casa cabaré; Berlín e Nove.

-¿Que lle parece «Xaramiño», o novo espazo de Radio Voz Bergantiños»?

-Paréceme unha moi boa idea, sobre todo tamén ao lado doutras experiencias coas que xa tiven contacto, nalgunha emisora autonómica e tamén noutras municipais ou privadas. Polo menos, a min paréceme que funciona moi ben cos oíntes ou, a min, como persoa que tamén escoita a radio, encántame. Xaramiño , por tanto, tamén é unha boa idea e, dende logo, hai que apoiala. -No espazo hai algún tempo tamén para o recitado. ¿Acompañan ben o día este tipo de contidos? -A min si, dende logo. Escoito moito a radio, tanto no coche coma no traballo e encántame, por exemplo, cando len algún tipo de texto narrativo. Xaramiño e ese tipo de espazos rompen a dinámica do que se soe facer na radio. -Sempre se fala da escasa difusión que, fronte á narrativa, ten a poesía. ¿Como ve a cousa? -Hai moitos poetas. En Galicia e, concretamente, na Costa da Morte. Non obstante, eu actividade en si vexo pouca. O que percibo, por así dicilo, é unha falta de apoio por parte das autoridades ou institucións que poden botar isto para adiante. Aínda así, por suposto, hai honrosas e contadas excepcións, como o Concello de Muxía, ou o de Cee, que tamén vén de facer algo relacionado con isto nos últimos tempos. -¿Cre que hai un déficit no achegamento da poesía aos máis pequenos? -Faltan iniciativas, en xeral. Porque é certo que hai moitos poetas na Costa da Morte, pero todos estamos agora fóra dela. Así é difícil que nos coordinemos e fagamos cousas xuntos. -Aquel espírito do Batallón que tanto significou para vostede e para moitos outros. -Algo semellante, pero iso xa non pode recaer agora nos nosos lombos. Cada un foise para un lugar diferente e, agora, cando imos á Costa da Morte, xa é para ver ás nosas familias e pouco tempo nos dá a facer algo máis. -¿Por onde anda recitando ultimamente? -Pois por toda Galicia teño bastantes. Tamén tiven dúas peticións para Barcelona e Madrid, pero finalmente non puiden acudir por motivos laborais. Eses recitais son os que me dan a vida. -¿Como está indo «Nove», a súa última obra? -En canto a vendas non sei, pero eu a difusión mídoa, persoalmente, nos recitais e entre o público, léndoo, está funcionando ben. É un libro que leo moitas veces e que, segundo o que me din, está gustando tamén. -¿Algunha nova publicación entre mans? -Aínda que escribo moito, polo momento, non.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | maría lado cariño «Espazos como Xaramiño rompen a dinámica da radio»

Hoxe compartirá tempo e poesía con Alexandre Nerium, en Radio Voz Bergantiños, ás 11.00 horas

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Espazos como Xaramiño rompen a dinámica da radio»
María Lado bota en falta máis actividades de cara á poesía
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.