pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

reportaxe O CCA premia a creatividade nos debuxos para os pais

Catorce nenos recibiron onte galardóns e accésits en cada categoría. Presentáronse ao certame 1.369 traballos

Autor:
Patricia Blanco
Fecha de publicación:

O Centro Comercial Aberto (CCA) de Carballo fixo onte entrega dos premios aos nenos que participaron no concurso de debuxo organizado con motivo da celebración do Día do Pai. Foron tantos os traballos que se presentaron, case 1.400 (concretamente, 1.369), que o xurado se viu na necesidade de ampliar o abano de galardóns. Estaba previsto que, por cada categoría, se ofrecese un premio de 90 euros. Pero, ademais deses, concedéronse nove accésits de vinte euros.

Maricarmen Freire, xerente do CCA, sinalou en Radio Voz a calidade dos debuxos presentados polos nenos e, por tanto, as dificultades que tivo o xurado para elixir. Pero, finalmente, os gañadores foron catorce.

Yanira F. Gerpe Arrieta, da galescola As Landras, foi a gañadora do primeiro ciclo da categoría infantil. Nesa mesma modalidade, o accésit recaeu en Paula Río Río, da escola infantil Xílgaros. Tamén dentro da categoría infantil, pero no segundo ciclo, saíu vencedora Noelia Freire Castro, do CEIP Nétoma-Razo. Os accésits foron para Marta Otero Mato (do Artai), Sofía Periscal Suárez (da escola infantil A Ledicia) e Dalia Piñeiro (Artai).

No primeiro ciclo de educación primaria, o galardón de 90 euros foi para un neno, Kevin Teijeiro Santos, do colexio A Cristina. O accésit correspondeulle a Irene Pensado Busto, do Fogar. No segundo ciclo de educación primaria gañou Sarah Méndez Outeiro, do CEIP Bergantiños e os 20 euros levounos Manuel Verdes Collazo, tamén dese mesmo centro educativo.

Finalmente, o terceiro ciclo de educación primaria tivo como gañadora a Iris Denapoli Lamas (do Bergantiños). Os accésits foron para Sofía Vila Carracedo (do Fogar) e Jorge Fariña Rodríguez (do Nétoma Razo).

Todos eses cartos poderanse consumir en calquera dos establecementos do CCA, para mercarlle algo a cadanseu pai.

Hoxe, taller en Laxe

Para a tarde de hoxe, por outra banda, o Concello de Laxe tamén preparou algo. Trátase dun obradoiro infantil con motivo do Día do Pai. Será a partir das 17.30 horas na Aula de Informática Municipal. Os nenos só han de levar un debuxo das dúas mans do pai e, tamén, moita creatividade e ganas de pasalo ben.

 

ENVIAR NOTICIA  

reportaxe O CCA premia a creatividade nos debuxos para os pais

Catorce nenos recibiron onte galardóns e accésits en cada categoría. Presentáronse ao certame 1.369 traballos

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.