pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

crónica O teatro e a música tamén falan de seguridade vial

Uns 460 rapaces viron onte «133.5 FM en el espacio interior», a cargo da DXT e o Concello de Carballo

Autor:
Patricia Blanco
Fecha de publicación:

O auditorio do Pazo de Cultura encheuse onte de mozos. En dúas quendas. Eran alumnos de secundaria chegados de Ponteceso, Coristanco e Carballo. En total, uns 460, máis ou menos. Fixérono para asistir a 133.6 FM en el espacio anterior, unha obra de teatro organizada polo Ministerio do Interior, pero que chega a Carballo a través da Xefatura Provincial de Tráfico da Coruña, en colaboración co Concello. «Trátase dunha compañía á que contrata a Dirección Xeral de Tráfico e que vai actuando por toda España», explicaba a coordinadora da actividade, Rosa Mahía Neira. Hoxe, por exemplo, estarán en Narón e, mañá, en Ribeira.

Tal e como ela mesma sinalaba tamén, a peza aborda conceptos clave con respecto á prudencia nas estradas, na condución e á seguridade vial. Pero, ademais, outros moitos valores que, no tempo no que están os espectadores, aínda se están formando. «En camino estoy de aprender a vivir», decía a liña dunha das cancións.

Porque 133.6 FM en el espacio é, en realidade, unha especie de comedia musical. As cancións que poñen en escena os actores son tamén pura mensaxe para os mozos: Espacio interior, Convulsión, Comparte, Jinete de la noche, No me puedo pasar, Superposición, El casco e El camino. Ten trazos de misterio (cando Rafa, María, Paula e Juanma se atopan nun lugar descoñecido, pero con moitas cousas en común) e tamén de lección: todos eles son moi diferentes e interpretan prototipos: a rapaza sensata, o intelixente, a que ten temor de todo e o «enrollado que pasa de todo». Van facendo desfilar sobre o escenario, en algo máis dunha hora cuestións como o diálogo, a tolerancia e o entendemento e, sobre todo, aspectos relacionados co mundo da condución: o correr máis para que a xente (supostamente) se fixe nun, o coller o «puntillo» para sentirse mellor ou os efectos prexudiciais das drogas. A mí no me puede pasar/eso es lo que yo pensaba/mi vida no va a cambiar/¡qué equivocado estaba! Con estrofas coma esta e outras similares, os catro actores (con texto de Antonio Prada e notas de Mateo Alonso) obtiveron aplausos dos rapaces.

Saían satisfeitos, pero aínda así, en breve farase unha avaliación máis polo miúdo para «ver aquilo que máis lles impactou ou o que aprenderon coa obra».

 

ENVIAR NOTICIA  

crónica O teatro e a música tamén falan de seguridade vial

Uns 460 rapaces viron onte «133.5 FM en el espacio interior», a cargo da DXT e o Concello de Carballo

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.