pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

TRIBUNA ABERTA Facer da necesidade virtude

Autor:
Modesto Fraga Moure
Fecha de publicación:

Xa me estrañaba a min que detrás de toda aquela polémica xurdida a respecto da posibilidade de que o ISM acabase trasladando as súas oficinas a outra localidade non estivese a sombra alargada do excelentísimo señor alcalde e o seu eficacísimo equipo de goberno.

Sen ánimo de ser mal pensados, o certo é que sempre tiven a sospeita de que, no canto de nos brindaren aos cidadáns a oportuna información que nestes casos cómpre, o que recibiamos os fisterráns de a pé por parte da autoridade municipal era a calada por resposta. Toda unha declaración de intencións da política de sumidoiros que abandeiran os nosos actuais gobernantes.

Porén, non é que agora eu queira subirme ao carro do oportunismo a teor da irrefutable evidencia que desprenden as declaracións realizadas polo delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro. Calquera atento observador da realidade social, cultural e política do noso concello poderá constatar, sen demasiados esforzos, a pertinencia da nosa análise. De entrada, porque se trata dunha táctica habitual, absolutamente execrable, de facer política rastrera e de tirar balóns fóra co único propósito de cargarlles o morto aos demais.

A actitude do alcalde de Fisterra ao longo de todo este proceso caracterizouse por unha ambigüidade absoluta e unha inoperancia máis que alarmante. Dá a impresión de que para o rexedor unha das súas máximas radica na consciencia de facer da necesidade virtude, algo que como todos sabemos supón, amais dunha grave irresponsabilidade impropia do cargo que ostenta, o risco de sumir á veciñanza nun caos absoluto de ilimitadas consecuencias.

É obvio que o alcalde Traba ten adquirido un compromiso coa sociedade fisterrá desde o momento en que os cidadáns decidiron outorgarlle a súa confianza nos comicios electorais de 2007. E isto xa debera ser motivo suficiente para persuadilo da tentación de mentirlle ao electorado con argucias e falacias como as do traslado das oficinas do ISM.

Non todo vale en política, máxime cando do que se trata é de mellorar as condicións de vida dos habitantes da localidade, únicos e lexítimos depositarios da vontade popular.

Se o que pretende é unha ampliación do actual centro de saúde trasladando os servizos do ISM a outro concello limítrofe que o diga con claridade e, a poder ser, sen crear enfrontamentos con outras administracións públicas.

O tirón de orellas do delegado do Goberno supón, amais dun duro revés á política do enfrontamento alentada pola pléiade do goberno municipal, un descrédito que os fisterráns non nos merecemos. Porén, sería bo que Traba rectificase e pedise desculpas publicamente. Só así poderemos coñecer a verdade, sen enganos nin terxiversacións interesadas.

 

ENVIAR NOTICIA  

TRIBUNA ABERTA Facer da necesidade virtude

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.