pub
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

crónica A mellor forma de non perder as horas é compartilas

Os coordinadores dos bancos de tempo de Barcelona, Vigo e Carballo expuxeron as vantaxes das iniciativas

Autor:
M. V.
Fecha de publicación:

Josefa García Rubio nunca entendeu que utilidade podía ter un banco de tempo. Ata que quedou viúva. Foi entonces cando esta catalá que onte estivo no Pazo da Cultura de Carballo decidiu unirse ao proxecto do Bon Pastor, en Barcelona, e ofrecer os seus coñecementos de costura de forma gratuíta. Nunca pensou en pedir nada a cambio, pero un día necesitou que alguén lle puxese un enchufe. Un dos seus compañeiros do banco fíxollo sen cobrar nada a cambio. Este é só un dos exemplos que onte se expuxeron no auditorio do Pazo para dar a coñecer a utilidade deste sistema, un proxecto que multiplica as posibilidades de dar e recibir. Todo de balde.

«La moneda de cambio es la hora», explicou Rosa María Ruíz, secretaria do banco de tempo barcelonés e firme defensora das vantaxes do sistema. «Facilita las relaciones intergeneracionales, ayuda a conciliar la vida familiar y laboral, favorece la igualdad entre hombres y mujeres, es un fantástico instrumento de ayuda mutua», resumiu.

Con ela coincidiu Obdulia Souto, a coordinadora do banco de tempo de Vigo, onde hai máis de 200 socios, a maioría deles mulleres, unha circunstancia que tamén se da no de Carballo, onde dos 45 usuarios que hai na actualidade, só sete son homes.

En Vigo, indicou Souto Costas os integrantes do banco poden optar a máis de 200 actividades, dende excursións ou visitas guiadas a talleres de manualidades ou arranxos mecánicos. A única condición é que cada un dea aos demais o que sabe ou ten. Puxo como exemplo a unha socia de 89 anos, que a cambio das súas peticións escribe un artigo de opinión mensual «e dedícase a dar empatía, a acompañar aos que están sos».

No caso de Carballo, o banco de tempo, que naceu a finais do 2008, aínda está dando os primeiros pasos. Pero moi firmes, segundo contou a súa coordinadora, María José Pombo Vilariño. Na capital de Bergantiños xa se fixeron cursos de manualidades, maquillaxe ou calceta, pero tamén houbo intercambios individuais, como traslados en coche ou axuda nas tarefas domésticas. E en todos os casos, os usuarios coinciden, a mellor forma de non perder o tempo é compartilo. Incluso aumenta a autoestima.

 

ENVIAR NOTICIA  

crónica A mellor forma de non perder as horas é compartilas

Os coordinadores dos bancos de tempo de Barcelona, Vigo e Carballo expuxeron as vantaxes das iniciativas

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
A mellor forma de non perder as horas é compartilas
As coordinadoras dos bancos de tempo puxeron exemplos prácticos nas súas exposicións
Autor de la imagen: | CASAL
 
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.