Forma parte dun intercambio cos do CPI de Cabana e a viaxe tamén se aproveitou para reforzar o irmanamento
Unha comitiva de 27 alumnos, tres profesores e Isabelle Riviére, a alcaldesa do municipio de Treize Septiers (Francia), chegaron o pasado sábado a Cabana de Bergantiños. A visita responde a unha dobre razón: por unha banda, reafirmar o irmanamento de Cabana con esa localidade francesa e, por outra, que os alumnos vivan (de novo) a experiencia do intercambio cos do CPI As Revoltas.
Os rapaces que chegan de Francia estudan nun centro de educación secundaria que non está situado xustamente en Treize Septiers, pero no que si estudan mozos que residen aí, entre outros. Estes días, viven novas experiencias e coñecen parte da Costa da Morte tendo como anfitrións aos alumnos do centro cabanés.
Do que se trata, tal e como e explica o director do centro cabanés, Francisco Luis Abella, é de que os mozos coñezan o entorno. Así, dende o sábado que están aquí, xa pasaron por Dombate, fixeron unha ruta polos muíños ou visitaron a catedral, o parque de Bonaval e o Museo do Pobo de Santiago, entre outras ubicacións. O domingo, por outra banda, foi un día que se pasou coas familias cabanesas de acollida, polo que estas aproveitaron para ensinarlle emprazamentos como Fisterra ou Laxe. «Penso que está indo todo moi ben, con plena satisfacción por parte dos alumnos e dos familiares», apunta o responsable.
Isabelle Riviére, alcaldesa de Treize Septiers xa marchou onte, pero os rapaces aínda quedarán na Costa da Morte ata mañá. Hoxe toca visita á Coruña (Torre de Hércules, Casa dos Peixes, Parque de San Pedro ou Riazor) e mañá ao outras paraxes da comarca: Monte Branco, praia de Balarés, Monte do Faro ou o faro do Roncudo. Se chove, a alternativa será Forno do Forte e arredores. Sobre as 22.00 partirán de regreso.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios