Entre decembro de 2009 e xaneiro de 2010, en Galicia recolléronse máis de 6,6 millóns de quilogramos de residuos de envases de vidro. O Nadal é un período ideal para fomentar a reciclaxe de vidro, xa que se produce un incremento no consumo de produtos envasados neste material.
Con estes datos, recollidos por Ecovidrio, a asociación encargada da xestión da reciclaxe do vidro en toda España, os galegos demostramos estar cada vez máis concienciados co coidado do noso entorno. «El vidrio es un material que puede ser reciclado indefinidamente y no pierde sus propiedades, por eso es muy importante que depositemos los residuos generados en el iglú verde», sinala Yolanda González, responsable de comunicación de Ecovidrio.
O pasado ano recolléronse en todo o Estado un total de 716.203.655 quilos de vidro. É unha taxa de reciclaxe do 60,3% do total (é dicir, algo máis de 6 de cada 10 envases son reciclados), sendo a media por habitante de 15,5 quilos. Galicia é unha autonomía que está por debaixo desa cifra, con 13,6 quilos por persoa.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios