LVDG_PUBLICIDAD_SINDIV:12,1363
pub
LVDG_PUBLICIDAD_p01:inters
LVDG_PUBLICIDAD:megabanner:edi.carballo
Actualizado La Voz, página de inicio
Ir a la Portada

Entrevista | daniel castro fernández patrón maior de Muxía «Coa crise a xente volve ao mar, pero agora xa non hai barcos»

O novo patrón maior muxián presentouse ao alcalde nun acto que reflicte as boas relacións que hai entre as dúas institucións

Autor:
Cristina Viu
Fecha de publicación:

Daniel Castro é patrón maior de Muxía dende o 5 de decembro do pasado ano. O sábado foi co resto dos membros do cabildo ao Concello para presentarse ante o alcalde, un xesto que fixeron os seus antecesores e que pon de manifesto as boas relacións entre o a institución municipal e a confraría, algo fundamental nunha vila que vive de cara ao mar. Daniel Castro ten 54 anos, está casado e ten tres fillos, dos que dous fixeron carreiras náuticas. Pertence a unha familia intimamente ligada ao mar e é o patrón do Farelo. -¿Cando empezou a ir ao mar?

-Traballo no mar dende os 14 anos. Levo 40 anos e nunca fun dado de baixa.

-¿Por que decidiu presentarse á presidencia da confraría?

-Javier (refírese a Javier Sar Romero, o seu antecesor) tivo unha nena e quería ter algo máis libre para estar coa filla. Se queriamos que a confraría continuara como con Javier tiña que presentarme. Se trataba de que quedara a mesma xente, co mesmo xeito de pensar. Nós non somos coma el, pero estamos aquí polas circunstancias, por aguantar da xente. Se entraba outro grupo se cadra as cousas que fuches facendo nestes anos, desaparecen.

-¿Que necesidades hai?

-Precisamos pequenas cousas, axuda para a fábrica de xeo, o marisqueo e os traballadores. Temos catro empregados que custan moitos cartos, hai que facer moitas reparacións e de fondos imos moi mal.

-¿Qué pasa cos mariscadores?

-Hai que facerlles entrar en razón. Hai formas de pensar diferentes. A uns gustaríalles aguantar do que hai e outros queren todo para eles.

-Muxía xa non é o que era. Hai uns anos había 30 palangreiros.

-No ano 90 había moitos barcos e agora non somos más que 5 palangreiros e 6 ou 7 bakas. Isto vai desaparecendo. Para o arrastre, o palangre e a volantas é igual que vaias ao ao mar que non porque non se ganan cartos. Non somos miserables, ganamos máis cartos que un albanel, pero o horario é moi malo. Sales as 4 da mañá e chegas as sete, oito ou nove do serán. Nunca sabes.

-Din que a xente volve ao mar.

-Coa crise a xente volve ao mar, pero agora non hai barcos. A xente ofrécese para traballar no porto, temos indonesios, peruanos e marroquís que nos sacaron dun problema cando ninguén quería ir ao mar. Non imos tirar con esa xente.

-Daquela non hai traballo.

-En Muxía hai rapaces con 14, 18 ou 20 anos tirados, que viven cos pais e que non queren aprender o oficio. Non pegaron golpe na súa vida, viven na casa e listo.

-En Muxía hai moi poucas saídas laborais para toda esa xente.

-A única saída que hai en Muxía é o mar. Iso foi polos dirixentes que tivemos. É unha desgraza. Cada vez que hai unha cousa que pode darlle vida ao pobo nós estamos en contra. É igual se é unha fábrica de rodaballos que unha celulosa. Sempre botamos pedras contra o noso tellado.

-¿Quén actúa dese xeito?

-Estas industrias non afectan nada máis que ao clásico que vai fora e quere que as casas lle queden iguais que antes. Critican os cambios que permiten a un vivir dignamente con unha pila de fillos. Non queren que evolucionemos. Pretende que todo se quede como nos anos 40 cando viñan os de Sudamérica pensado que eran máis ricos ca nós. O progreso ten un custe. Non imos quedar como nos 40, cheos de piollos.

-Os seus fillos traballan tamén no mar.

-Dous fixeron carreira no mar. Estiveron na escola de Náutica de A Coruña, un fixo ponte e outro máquina. Un está na mercante e o outro pendente de embarcar. O terceiro fixo maxisterio.

 

ENVIAR NOTICIA  

Entrevista | daniel castro fernández «Coa crise a xente volve ao mar, pero agora xa non hai barcos»

O novo patrón maior muxián presentouse ao alcalde nun acto que reflicte as boas relacións que hai entre as dúas institucións

* Campos obligatorios
Enviar a:
Tus datos:
 

ENVIAR NOTICIA  

Su envío se ha realizado correctamente

En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia

Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

 

ENVIAR NOTICIA  

Se ha producido un error
No se ha podido realizar el envío

Revise sus datos y vuelva a intentarlo

Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.

Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios

Cerrar

LVDG_GOOGLE_ADSENSE:
«Coa crise a xente volve ao mar, pero agora xa non hai barcos»
Daniel Castro traballa no mar dende hai corenta anos
Autor de la imagen: | XESÚS BÚA
 
LVDG_PUBLICIDAD:robapaginas:edi.carballo
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD:17:edi.carballo
Cargando
Cargando
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08A
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08B
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08C
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08D
LVDG_PUBLICIDAD_EXTERNOS:08E
LVDG_PUBLICIDAD:10:edi.carballo
Confianza oline. Enlace a más información sobre el certificado © Copyright LA VOZ DE GALICIA S.A.
Polígono de Sabón, Arteixo, A CORUÑA (España)

Inscrita en el Registro Mercantil de A Coruña en el Tomo 2438 del Archivo, Sección General, a los folios 91 y siguientes, hoja C-2141. CIF: A-15000649.