Fin de ano en Verdes

José Manuel Canedo Aguiar

CARBALLO

12 ene 2010 . Actualizado a las 02:00 h.

Fai uns anos que imos a pasar o fin de ano a unha casa de turismo rural en Verdes, no Concello de Coristanco. E o día de ano novo soemos ir ata o refuxio. Este ano, co que leva chovido, moitos dos sendeiros que alí hai estaban inundados, había moita humidade e esvarábase con moita facilidade. A un certo punto dixo Canedo: «Chucho, controla a Lucas, pois pode caer no río», e Chucho dixo: «Lucas é grande e ben sabe o que fai». Eu son Lucas e naquel mesmo intre esvarei e caín no río, dende unha boa altura, fun sorteando pedras e rochas e decateime que non podía facer nada, a corrente levábame. Decidín agarrarme a unha pedra e esperar acontecementos. Vexo a Canedo que me dá ánimos e xiro a cabeza e vexo a Chucho da Jauvea espíndose para meterse na auga para rescatarme. Se eu fose o can de Canedo isto non me pasaba, pois levaríame coa correa, e incluso no brazo. Canedo é precavido, Chucho é arriscado. Todo acabou ben. Chucho da Jauvea rescatoume.

É boa verdade que o home é o mellor amigo do can ¿ou é do revés? pero o que si sei é que Chucho é o meu mellor amigo.