Artesanía, obradoiros, xogos e recreacións, así como boa música, animarán o próximo venres o Castro de Borneiro
Teñen sona as festas e feiras medievais. Mais o Castro de Borneiro non será lugar para iso o próximo venres 24 de xullo. «Do que se trata é de facer un castro animado», segundo apuntou Silvia Losada, técnico de turismo do Concello de Cabana na presentación do programa Castro Animado 09. Acompañábana José María Varela, asesor cultural na localidade; o alcalde, José Muíño e, como punto novidoso, Ildefonso García, alumno da facultade de arquitectura de A Coruña e creador dunha maqueta sobre o castro.
Os traxes de época irán poñendo ao visitante en situación, mais este poderá gozar con moito máis. Indiscutible é a presenza da artesanía, pero convivindo ou, mellor dito, vivindo con ela por un día, xa que do que aquí se trata é de crear animación, haberá obradoiros, demostracións en vivo e xogos celtas. Tamén celta, como non, será o porco que se deguste. Ao seu lado, filloas e boa música dende a media tarde, con pasarrúas a cargo da banda de gaitas Malante de Malpica de Bergantiños. Ruote, grupo coruñés, encherá o entorno de folk pola noite.
Actividade central será a recreación histórica a cargo do grupo de teatro «Os quinquilláns», que narrará os últimos momentos dunha familia celta que deixa a súa vivenda debido ao arraso romano. E é que en Borneiro hai pegada histórica, motivo suficiente para que estudantes coma Ildefonso collan o entorno como material de traballo. «É moita a achega arqueolóxica deste castro: debemos ser moi respetuosos co xacemento e co que fixo o home ao largo do tempo», apuntou.
En breve los contactos recibirán en su correo electrónico un enlace a la noticia
Gracias por usar nuestros servicios
Revise sus datos y vuelva a intentarlo
Si se vuelve a producir un error, es posible que el servicio está momentáneamente no disponible. Inténtelo más tarde.
Disculpe las molestias. Gracias por usar nuestros servicios